jueves, 18 de septiembre de 2014

IGREZA DE VENTOSA - AGOLADA

IGREXA DE SANTA MARÍA
VENTOSA
AGOLADA
PONTEVEDRA


Igrexa de Ventosa
     Igrexa do século XIII. É dunha soa nave con sancristía pegada ao alzado norte da ábsida. A portada principal ten dúas arquivoltas e a lateral unha. Os tímpanos son lisos e os capiteis con decoración vexetal. 


     Os muros son de cadeirado granítico en fiadas horizontais e presentan canecillos sinxelos. A cuberta a dúas augas de tellado de tella e espadaña de dous vans. 


     No interior sobresaen o sepulcro do Abade Lope de Ventosa e as catro frontes dun baldaquino con representacións de paisaxes bíblicas. 


Romanico da Agolada
     Ventosa forma con Orrea e Ferreiroa o trevo románico da bisbarra de Agolada.


Ventosa
     A igrexia de Ventosa foi contruida no seculo XIII, e conservase case intacta, destacando no seu interior un sepulcro curiosisimo e unico pola sua iconografia,  do abade Lope de Ventosa. Tamen no interior da nave conservanse catro  frontes completas dun precioso baldaquino, exemplo unico na comarca e un dos mais fermosos de Galicia.


Ferreiroa
     A igrexia de Ferreiroa, igrexia parroquial de Agolada, data do ano 1030, nela destaca a alfaia da sua virxe sedente. Foi modificada en datas posteriores, polo que a sua fachada e canzorros son do seculo XIII, e o campanario do XVI.


Orrea
     San Andres de Orrea, esta unido na sua orixe ao Mosteiro de monxas benedictinas, do cal hoxe queda a lembranza deste antergo cenobio bieito na igrexa romanica, hoxe parroquia de Orrea. Obra arquitectura dunha soa nave e abside semicircular dividida en cinco tramos. 


     A porta principal e de dobre arquivolta con capiteis de figuras xeometricas e timpano liso sobre mochetas de aresta. A portada lateral abrese ao muro norte, e antes comunicaba o templo co mosteiro, e semicircular e de dobre arquivolta e timpano liso. Na abside unha fiestra semicircular en aresta, e a beira do tellado ornamentacion xeometrica.



Berredo
     A igrexa de Berredo e un monumento mais na xeografia do romanico, e evoca influencias benedictinas do mosteiro de Orrea, o que pertenceu Berredo. 


     Chama a atencion pola sua abside semicircular, coas columnas exteriores substituidas por contrafortes ou bandas lombardas, frecuentes nas igrexas catalanas; nesta parte conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada. 


Borraxeiros
     A igrexa de Borraxeiros, conserva da sua primitiva estructura romanica, do seculo XII, parte da fachada e os dous primeiros tramos da nave, ademais dalguns elementos  ornamentais e anacos de columnas. A sua portada ten dous pares de columnas de dobre arquivota torica, similar as de Orrea e Ventosa. 0 sepulcro e estatua orante que se encontra no seu presbiterio pertencente a Antonio Salgado, primeiro conde de Borraxeiros, seculo XIII.



Ramil
     A igrexa de Ramil ten claros vestixios prerromanicos e mesmo visigoticos na sua estructura. 


     Estes elementos proceden seguramente do templo primitivo, do que se advirten as suas ruinas preto do actual, que os incorporou ao ser erguidos nos primeiros anos do seculo XII; ainda que ten tamen elementos gotizantes como os capiteis interiores. 


     Polo demais a nave e de nave unica, abside cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal con dobre arquivolta definen o conxunto desta tosca xoia romanica, obra de anonimos canteiros medievais


Algo de historia
     O nome da Vila de Agolada poidera provir do latin "aqua lata" (terra brafienta), ou tamen da sua situacion xeografica o estar comunicada coas zonas colindantes a traves de moitas pontes que foron construidas na epoca romana, e das que se conservan vestixios en Vilariño sobre o rio Arnego; en Mourazos, Basadre, sobre o rio Ulla;valiosas testemuñas da enxeñeria viaria da Galicia dos séculos IX e X e da recuperacion desta comarca, que daquela volve a repoboarse, afastados xa os arabes



     Dos tempos prehistoricos, que se remontan 0 3000-1800 a.c., conservanse importantes testemuñas correspondentes a Cultura Megalitica. 
 

     Os campos de tumulos extendense ao longo destas terras; todo esta sementado de mamoas nas que aparecen restos valiosos como o famoso "Tesouro de Agolada" atopado nunha mamoa do Campo do Xastre, na parroquia de Ferreiroa, e que na actualidade atopase exposto no Museo de Pontevedra e que esta formado por dous brazaletes e un torque de ouro; unha louza con grabados en zig-zag, en Coteimil; duas mazas de pedra pulida en Lamas (Trabancas).
 

     Entre os campos de tumulos famosos atopanse os de Pereiro en Agra, Monte Luxilde en Artonho , Monte da Carballeira en Berredo, Campo da Mamoa en Brantega, e noutros lugares como Eidian, Esperante, Vidueiros, Ferreiroa, Gurgueiro,etc...


     Destacamos tamen, pola sua relevancia historica, os moitos castros existentes neste municipio, dos que sinalaremos: o "Castro Marcelin",situado na parroquia de Merlin, vixia de cen horizontes, coas suas mamoas, as suas covas, os seus tesouros e a sua lenda da raiña Marcela.   
 

     A tradición dá que nel habitou unha raiña  de nome Marcela ou Marcelina, que lle deu o nome o lugar, e que deixou agochado un fabuloso tesouro detras dunha porta de pedra e das consabidas trabes de ouro, prata, alcatran,etc. :o "Castro do Coto dos Mouros", en Trabancas; o  "Castro de Vilela" en Borraxeiros; o "Castro de Buxel" en Artoño;  o "Castro de Brocos", etc.



     A Idade de Bronce pertence unha machada con duas argolas de bronce atopadas no Monte Farelo, en Trabancas.
 

     Durante a Idade Media a Historia decorre parella a do Condado de Deza. A partir do seculo VI a historia do concello estivo ligada ao da zona de Deza,comarca xa configurada polos mesmos concellos que hoxe forman a Comarca de Deza. 


     Neste seculo formouse o Condado do mesmo nome que a rexion , coma unha das divisions da diocese de Lugo

MAPA
 
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901