SETE MUIÑOS
RÍO FORXA
GUITIRIZ
Un dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz son “Os sete muíños”, chamado así porque conta con 7 muíños situados a beira do río Forxa, no que destaca a vexetación autóctona da ribeira e carballos de gran riqueza.
Nesta area recreativa está situada a piscina natural que leva o mesmo nome, que foi feita aproveitando o curso do río.
O pe da piscina, río arriba pódese
observar un dos muíños de auga, dende onde baixa a auga en cascada.
Seguindo río abaixo atopámonos con outro dos muíños. Aínda que hoxe están en desuso conservan vestixios do que foron no pasado.
Están construídos con mampostería de granito local e cubertos a dúas augas con pizarra.
Este é un lugar para disfrutar todo o mundo, tanto pequenos coma grandes.
Os máis pequenos ademáis darse un “chapuzón” na piscina tamén poden pasar un rato divertido xogando no parque infantil situado nesta zona.
Nos sete muíños tamén está situada a Piscina Municipal climatizada con paneis solares, así pódese escoller entre darse un baño nas augas fresquiñas da piscina natural,ou nas máis quentiñas da municipal.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901