jueves, 2 de mayo de 2013

LENDAS DAS AUGAS DO PIORNEDO


LENDAS DAS AUGAS
PIORNEDO
ANCARES


Fonte dos Namorados
     Se deixamos renda solta á sabedoría popular, na aldea de O Piornedo e na fonte dos Namorados, en Campa de Barreiro, posúe calidades tan máxicas que cando a parella bebe tres veces das súas augas, por puro sortilexio a relación finaliza en desposorio. 



Augas sanadoras
     Contan outros que que un día chegou unha muller ao municipio de Cervantes (Lugo), dise que procedente dalgún lugar de Asturias. A toda persoa que atopaba no camiño lle preguntaba se coñecía unha fonte de poderes milagreiros que lera nun pergameo moi antigo. Mais ninguén soubo darlle resposta. 


     A muller, enferma e case ao bordo da morte, chegou ao Piornedo. Foi alí onde un veciño lle dixo onde estaba, mais advertíndoa de que non se quedara no lugar de noite, xa que podía morrer de frío ou ser devorada polos lobos.


     Pasou un día, e outro... e a muller non daba sinais de vida. Mais ao noveno día, os veciños víronna baixar polo mesmo camiño que percorrera días antes. O seu aspecto xa non era o dunha muller moribunda, a cor da vida retornara ao seu lívido rostro.


     Cando chegou xunto aos habitantes do Piornedo, contoulles que se bañara na fonte nove veces ao día durante os nove días que permanecera no lugar, e que o último unha nube negra baixou do Corno Maldito, un monte lindeiro coa provincia de León e situado a 1.849 metros de altitude sobre o nivel do mar. 


     Cando a envolveu a nube, dos seus peitos manou un sangue negro e fedorento. Mais, de súpeto, a nube desapareceu como tragada pola auga do manancial. Cando a muller mirou para os seus peitos, viu que cada un tiña unha cicatriz que é por onde se fora o terrible mal.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901