jueves, 23 de mayo de 2013

PETO DA PONTE DA RAMALLOSA

PETO DA RAMALLOSA 
PONTE DA RAMALLOSA 
NIGRAN 
BAIONA



    Esta ponte, que atravesa o río Miñor e divide os termos municipais de Baiona e Nigrán, é unha das máis fermosas de estilo medieval que se conservan en Galicia. Ten 10 ollos ou vans con arcos de medio punto, dos cales oito (36 metros de lonxitude) pertencen a Baiona. Algúns deles son arcos oxivais, seguramente debido ós estilos vixentes nas épocas nas que debeu de sufrir algunha reparación.


      Na metade da ponte consérvase un cruceiro, que ten ós seus pés unha imaxe de san Telmo, patrón dos navegantes e a quen a historia lle recoñece o ter mandado construír.




     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.






     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.





     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.




     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901