domingo, 5 de mayo de 2013

PONTE DE GATIN - LIBER - BECERREA

PONTE DE GATIN
LIBER
BECERREA
LUGO


Concello:  
Becerreá
Parroquia: 

San Remixio de Liber
Lugar: 

Pontes de Gatín
Cronoloxía: 

Época Romana , Época Baixomedieval .


 Descrición:

      É unha antiga ponte construída sobre o río Navia de orixe romana, dado que por aquí pasa a Vía Romana XIX, pero reconstruída na Idade Media.


      A fábrica actual, de lascas de pizarra tomadas con morteiro de cal fai que non semelle moi antiga. Posúe dúas bóvedas tamén de pizarra da zona aparellada con morteiro de cal e area, unha de 15,90 metros de luz e directriz próxima á circular, e a máis pequena de 4,35 metros de luz, construída na marxe dereita, que actúa de desaugadoiro coas augas crecidas. A anchura da fábrica é reducida e vai dende os 3,70 e 3,90 metros. 



     A calzada fica reducida a uns 2,70 metros na parte media da ponte, debido a uns anchos pretís de 60 centímetros. O perfil da ponte é dun forte alombado. No ano 2009 levouse a cabo unha reparación da ponte, entre outras reparacións, cabe destacar a reconstrución do tallamar e o esporón con mampostería esquistosa e renovouse un deteriorado pavimento cun novo, realizado con pezas de pizarra dispostas de canto (chapacuña), sobre unha base de formigón en masa.


      No medio da ponte, xusto no alombado, entre o pretil, hai o que semella un miliario romano. Esta pedra contén unhas inscricións e cruces gravadas.



      A ponte segue en uso e por el transitan, principalmente, vehículos agrícolas. As obras remataron coa reparación e reconstrución dos pretís de fábrica existentes.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901