lunes, 8 de abril de 2013

MUIÑO EN ALMOFREI - COTOBADE

MUIÑO EN ALMOFREI
COTOBADE



     San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.


     O seu topónimo é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.



Patrimonio
     A igrexa parroquial, de estilo barroco, está no lugar da Arrotea. Ten planta de cruz latina, e na fachada está San Lourenzo nunha hornacina cunha grella na man, baixo as dúas campás e unha espadana. No adro hai tres cruceiros. Tamén conta cun cemiterio.


 

     Sobre o río Almofrei hai unha ponte do século XVI, construída en cantería foi apoiada sobre as propias pedras do río cun arco oxival de 7,70 metros de luz e máis de 10 de altura sobre o leito, era parte do camiño entre Almofrei e Mirón. Ao carón hai un muíño, o número 54 dende o nacemento do río, e único xa que posúe unha vivenda na parte superior e catro rodas en dúas alturas.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901