Cerdedo é un concello situado na zona centro de Galicia  e 
perfectamente comunicado coas Rías Baixas (28 km) , con Santiago de 
Compostela( 45 km) e Ourense (50 km). Cunha extensión duns 80 
quilómetros cadrados e unha poboación de 4000 habitantes é un refuxio 
ideal para os amantes da natureza, os deportes ó aire libre e
 a boa mesa.  Limita ó norte cos concellos da Estrada e Forcarei, ó sur 
con Cotobade e Forcarei, ó este con Forcarei, e ó oeste con Campo 
Lameiro e Cotobade.
Cerdedo está atravesado pola estrada N-541 (Ourense – Pontevedra), que forma o seu eixo principal de comunicación. Xeograficamente, o Término Municipal de Cerdedo localízase na porción meridional da dorsal galega, na súa vertente occidental, de tal xeito que o conxunto montañoso disponse en anfiteatro. As súas maiores elevacións atopámolas no Outeiro do Couto do Monte do Seixo (1024 m) e no Outeiro de Couso.
    
 O río Lérez constitúe o principal cauce fluvial, atravesando o término 
municipal en  dirección este - oeste. A existencia dunha numerosa, aínda
 que de pequena escala, rede de afluentes do Lérez fai que as terras 
sexan productivas e axeitadas para a agricultura e a gandeiría. 
    
 As condicións climáticas de Cerdedo están condicionadas pola súa 
situación nas serras prelitorais, e a súa orografía montañosa actúa como
 pantalla pluviométrica, polo que as súas precipitacións son elevadas. 
     Os núcleos de poboación máis importantes son Cerdedo(capital) , Pedre, Figueroa, Fondós,Covas, Tomonde e Os Castros.
    
 O nome de Cerdedo procede según Millán González Pardo de "Ceratesum", 
que significa  "lugar de cereixas", o que fai supoñer que foi un lugar 
de producción abundante desta froita.
    
 Toda a comarca de Terra de Montes é de indudable atractivo 
histórico-artístico. En Cerdedo predominan os cruceiros, igrexas de gran
 valor arquitectónico, pontes de diversos estilos e calzadas romanas. 
Pódense ver tamén  importantes mostras de arte prehistórica e restos 
arqueolóxicos. Non podemos esquecer tampouco os eirados de Pedre, 
Filgueira e Cerdedo, conxuntos de canastros en bo estado de conservación
 que constitúen conxuntos arquitectónicos casi únicos en Galicia e de 
especial beleza. 
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA









 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901