viernes, 24 de julio de 2020

PETRÓGLIFOS DE A ERMIDA - BORRAXEIROS - AGOLADA

PETRÓGLIFOS DE A ERMIDA
A ERMIDA
BORRAXEIROS
AGOLADA

     Os petróglifos están nun afloramento rochoso cunha leve pendente orientada ao norte e a 80 metros ao oeste do punto onde se xuntan o Rego de Couso co Rego do Espiño, zona norte da aldea da Ermida.

     Están formando grupos en distintas rochas separadas por fendas que orixinan as diaclasas dos penedos en que se atopan. As Rochas con gravados máis visibles sitúanse na parte leste do penedo.

      Podemos distinguir ata tres espazos distintos onde podemos ver círculos concéntricos, algún deles cunha coviña central, e cruciformes. 

     O gravado máis complexo é un grupo que se compón dun debuxo de círculos concéntricos, cunha coviña central cunha liña que sae do centro deles e se comunica cun grupo de tres círculos máis pequenos cunha liña recta que fai de base e da que saen tres liñas máis, marcando tres direccións orientadas ao oeste.

Borraxeiros
     San Cristovo de Borraxeiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. 

     Segundo o IGE de 2013 tiña 267 habitantes (136 mulleres e 131 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 450 habitantes.

A Ermida
     A Ermida é un lugar da parroquia de Borraxeiros, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 

     Segundo o INE, no 2008 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.

Lugares de Borraxeiros
     A Bugalleira, Cabanelas, Castro, Cezobre, Couso, Cristín, A Ermida, A Guillerma, Meixide, O Penedo, As Penelas, A Ponte do Muíño, O Quinteiro, Reboredo, Rego Traveso, Sa, San Miguel, A Torre, A Vila, Vilanova 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE EIRÓ - A ESTREMA - SAN XOSÉ DE RIBARTEME - AS NEVES

CRUCEIRO DE EIRÓ
A ESTREMA
SAN XOSÉ DE RIBARTEME
AS NEVES

A Estrema
     A Estrema é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés de As Neves.

     Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres), sendo a aldea máis poboada da parroquia.

     Conta cunha capela, chamada Capela de Eiró, e cun cruceiro.

San Xosé de Ribarteme
     San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. 

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.

     No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.

     Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza. 

     Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif.

Lugares de San Xosé de Ribarteme
     O Areal, Babareira, Bocas, Casal da Vila, A Cernada, A Cortegosa, O Cotiño, O Coto de Lobos, O Coto, Currás, A Estrema, A Muradella, O Outeiro, As Pedriñas, A Portela, Quinteiro, Rodeiro, Rubial, Sancharredonda, Zafal 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 21 de julio de 2020

PONTILLON DE O FOXO - RÍO BARBEIRA - O CABANIÑO - A LAMA

PONTILLON DO FOXO
RÍO BARBEIRA
O CABANIÑO
A LAMA

     O principal atractivo turístico que ofrece A Lama, son os espazos naturais cos que contan cada unha das dez parroquias que compoñen o municipio como as beiras dos ríos Verdugo, Xesta e Seixo con praias fluviales nas que a afluencia de visitantes é aínda moi llevadera.

     No Verdugo hai tamén cotos de caza e pesca. Non lonxe de alí atópase a área recreativa das Ermidas, na que se pode gozar dunha bela paisaxe.

     No aspecto monumental chaman a atención os vestixios que deixaron os primeiros pobladores do municipio nos montes de O Seixo, O Suído e Portela dá Cruz en forma de túmulos e mámoas, en Chan do Campo gravados rupestres e castros en A Lama, Gaxate e Xende.

     As igrexas parroquiales de Seixido e Xende cun altar gótico, son a arquitectura relixiosa máis representativa, ademais da igrexa barroca das Ermidas, do ano 1.624 con fachada churrigueresca.

     En canto á arquitectura civil, destaca ponte de Berducido formado por cinco arcos, baixo os que discorren as augas do río Oitavén.

     De enorme beleza, foi reconstruído no século XVII e aínda se pode contemplar parte da primitiva calzada romana.

     Destacan tamén algúns pazos e casas solariegas como a Casa do Pazo en Gaxate.

     O municipio de A Lama sufriu a emigración masiva a Méjico, Brasil e Alemania, fundamentalmente.

     Hoxe en día contribúen en gran medida a manter e mellorar a economía do concello, coa creación de novas edificaciones de calidade, que por outra banda, embellecen as poboacións do municipio.

     En A Lama atópanse as montañas máis altas da provincia de Pontevedra, como O Suído (onde aínda habita o lobo), desde algunha delas (Santa Mariña) vense ata as Rías Baixas.

     Este concello posúe ademais fermosas aldeas que conservan a arquitectura tradicional galega (algunhas delas deshabitadas), bosques autóctonos (onde ver manadas de cabalos salvaxes), ríos, fervenzas, rumbos de senderismo como O Foxo do Lobo ou a Fervenza da Freixa e Firveda e romarías e festas gastronómicas de interese.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 20 de julio de 2020

FERVENZA DO FOXO - REGO DO FOXO DO LOBO - O CABANIÑO -A LAMA

FERVENZA DO FOXO
REGO DO FOXO DO LOBO

PRESENTACIÓN DE "MIGRATOIRA" - ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO

PRESENTACIÓN DE "MIGRATOIRA"
ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO
VILAGARCIA DE AROUSA

     O venres 17 de xullo, celebrouse en Follas Novas de Vilagarcía de Arousa, a presentación de Migratoria de Andrea Fernández Maneiro. Poemas que falan da emigración á que os galegos estamos tan afeitos.

     Migratoria está escrita desde o punto de vista dos que fican…, dos que agardan ou non agardan a volta de quen marcharen lonxe para acadar unha vida digna.

     Pensar, sentir, reflexións sobre como as familias dos emigrantes viven as idas, as esperas e tamén o retorno dos seus seres queridos que tanto se botan de menos.

     Hai moito tempo que Andrea escribe sobre emocións e sentimentos, en verso ou en prosa, pero tamén fai preciosas fotos e algunhas delas poderemos desfrutalas tamén neste poemario.

     No acto de presentación de Migratoria contouse coa presenza de María Xosé Porteiro, autora do delicioso limiar que introduce a poesía de Andrea.

     Tamén gozamos do bo facer de Manuel Dopico que deleitou coa súa música, completando un evento moi agradábel e ameno ao que asistiu un bo número de persoas, e no que se respectaron todas as normas de prevención establecidas para esta situación sanitaria que estamos a vivir.
¡Moitos éxitos Andrea!

VIDEO
VIDEO
VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Texto: Pilar Gómez Buhigas
XOAN ARCO DA VELLA