IGREXA DE SANTA MARÍA DE COVA
COVA
A POBRA DE TRIVES
Cova
Santa María de Cova é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 45 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón un incremento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Cova
Cabeza de Manzaneda, Cova
A Pobra de Trives
A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives.
Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 2.067 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicioé «pobrense» ou «trivés».
Xeografía
A Pobra de Trives sitúase nos contrafortes occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.
O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.
Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.
Historia
Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas.
Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.
A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.
A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos.
Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.
Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.
A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901