PORTO DE ARES
ARES
Ares
Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol.
Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes (2845 homes e 2896 mulleres). O seu xentilicio é aresán.
Patrimonio histórico
Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas.
Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación. A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90.
Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.
As construcións máis relevantes son o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e as Baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas.
Xeografía
Esténdese pola franxa costeira que vai desde a Ría de Ferrol ata o porto de Redes.
A vila aresá está situada á beira dunha enseada rodeada de praias que suman case tres quilómetros costeiros de areais de augas tranquilas.
As praias máis coñecidas de Ares son A Rampa, O Cruceiro e a A Xunqueira, Redes, Seselle, O Raso, Sabadelle, Río Sandeu e Chanteiro. Tamén hai algunhas calas como Estacas e Centeás e outras calas máis illadas.
Fauna e flora
En Ares teñen presenza especies como as andoriñas, os morcegos ou os lucecús. A ría é rica en marisco; abundan as centolas, nécoras, ameixas, berberechos, percebes, vieiras etc.
Tamén os muxos asoman pola ría e, nalgunhas épocas do ano, sobre todo no verán, é común divisar grupos de arroaces gozando das tranquilas augas desta ría.
Ares ten territorio, o seu litoral máis exterior na ría, dentro da zona especial de conservación (ZEC) e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa Ártabra".
Economía
A economía de Ares baséase na pesca, así como na agricultura e o turismo.
Turismo
Entre as festas locais destacan O Voto de Chanteiro, O Carme e as súas procesións marítimas tanto en Redes como en Ares, San Roque en Ares, San Pedro en Cervás e a festividade do Corpus Christi.
Na véspera desta última, ata ben entrada a madrugada, toda a xente da vila afánase en cubrir varias rúas do centro con alfombras feitas de flores polas que pasará o día seguinte a procesión.
Ares conta ademais con dous cámpings próximos ás praias, hotel, bares e lugares onde gozar da gastronomía local.
Hai varias rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña polas que se pode gozar de vistas como a de Montefaro, coas Rías Altas e un Océano Atlántico sempre custodiado pola Torre de Hércules.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901