sábado, 15 de julio de 2023

ENFILACIÓN DE SAN MARTIÑO - ARES -RÍA DE FERROL

ENFILACIÓN DE SAN MARTIÑO

ARES

RÍA DE FERROL

 Ría de Ferrol
Localización
     A ría de Ferrol tamén chamada ría de Xuvia ou enseada da Gándara é unha das rías galegas situada nas Rías Altas, no Golfo Ártabro.

     É navegable ata a Ponte das Pías. Pequenas embarcacións marisqueiras ata a ponte do F.C. (en marea alta). baña os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares


Historia
     Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da Baixa Idade Media, todos eles vencellados ao comercio e ás actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da Alta Idade Media.

     Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ría como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións.

     A chegada dos Borbóns á Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo localizar na ría ferrolá o Arsenal del Norte, por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista táctico e defensivo.

     O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o século XIX tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do Arsenal e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o lugar anexo ó Arsenal cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de 1856, a partir dos cales se realizou un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.

     O 24 de agosto de 1910 creouse, por Real Decreto, a Xunta de Obras do Porto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís.  

     No ano 1918 redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en 1944, cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata 1960, apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios ó Porto e ó Arsenal.

     Entre 1949 e 1959 construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria).

     En 1968, no contexto da especialización de Astano na construción de super-petroleiros, tivo lugar a inauguración da Ponte das Pías, tamén denominada como A Ponte do Caudillo, título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa co estaleiro Astano.

     A partir de 1984 iníciase a última fase de expansión para obter maiores calados, máis lonxitude dos atraques e superficies de depósitos máis grandes. Constrúense o Novo Peirao, con 14 metros de calado, base para desenvolvementos posteriores.

     Na derradeira década do século XX amplíase polo sur o "Peirao Fernández Ladreda" para calados de ata 12,5 metros, constrúese o peirao que pecha polo norte e créase o acceso ó peirao por autovía.

      En 1995 comezouse cos primeiros estudos para a construción dun peirao na entrada da ria, obras que comezaron no ano 2001. Os peiraos actuais compleméntanse cos anteriores facendo do Porto de Ferrol o mellor dotado do noroeste peninsular tanto en liñas de atraque e calados como en superficies. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901