sábado, 1 de julio de 2023

ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA MERCEDE - CHANTEIRO - CERVÁS - ARES

 ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA MERCEDE

CHANTEIRO

CERVÁS

ARES

 ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA MERCEDE
     Está situada moi preto da praia de Chanteiro. Pertenceu a un convento de franciscanos que estiveron no lugar durante cen anos, desde 1292 a 1392, ano no que se trasladaron ao novo convento de Santa Catarina de Montefaro.

      É de estilo románico tardío, con elementos oxivais como a bóveda cruzada, os arcos apuntados da nave e os da entrada á ábsida. Os adornos dos capiteis son románicos.

      A fachada refíxose no século XVII, conservando o lintel da porta primitiva. A espadana é tamén do século XVII. A cita máis antiga da Virxe de Chanteiro é do século XIV, cando o arcebispo García Manrique lles concede 40 días de perdón a todos os que, devotamente e os días das festas de Santa María, peregrinen a este lugar. 

      Esta concesión de indulxencia foi confirmada polo antipapa Benedito XII (o Papa Lúa) nunha bula de 1395. Os ferroláns estiveron peregrinando durante moitos anos a esta ermida en cumprimento do Voto de Chanteiro.

      Este voto foi feito ao sentírense liberados, grazas á intervención da Virxe, dunha peste fatal de cólera que se declarou na comarca no ano 1404.

     A noite do 28 ao 29 de xuño de 1933 un incendio destruíu os retablos; a súa restauración rematou en 1943.

Chanteiro
     Chanteiro é un lugar da parroquia de San Pedro de Cervás no concello de Ares na provincia da Coruña.

      Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 256 habitantes (123 homes e 133 mulleres), dez máis ca en 2003.

     A ermida da Nosa Señora da Mercede foi restaurada na década de 1940, sendo párroco de Cervás Antonio Rodríguez Fraiz.

Cervás
     San Pedro de Cervás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ares.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística do ano 2007 tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 582 habitantes.

Patrimonio
    Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro
    Praia de Chanteiro
    Castelo de San Martiño

     Tanto a igrexa parroquial de San Pedro, do século XII, como a ermida da Nosa Señora da Mercé de Chanteiro foron restauradas na década de 1940, cando foi sacerdote da parroquia Antonio Rodríguez Fraiz.

MAPA 

 

Fuente: Web Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901