sábado, 23 de septiembre de 2023

AS LACEIRAS - SALCEDO - A POBRA DO BROLLÓN

 AS LACEIRAS

SALCEDO

A POBRA DO BROLLÓN

 As Laceiras

        Está situada na poboación de Salcedo, dentro do Concello de A Pobra do Brollón, vive desde fai moitos anos Fernando Peña Novo con súa familia.

     Con gran esforzo persoal, e pouco apoio institucional, foron arranxando, restaurando e creando un espazo para vivir acorde ás súas propias conviccións e filosofía.

        Dedícanse ao traballo artesanal do coiro e tamén cultivan unha horta ecolóxica, froiteiras, obteñen mel, e crían varias especies animais como paxaros, galiñas…

Salcedo
       Salcedo é unha aldea pertencente á parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. É a segunda aldea máis poboada do concello tras A Pobra do Brollón.

       Contaba en 2007 segundo o IGE, con 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres), 6 habitantes menos que no ano anterior.

      Está situada a 576 m de altitude e ten un campo de fútbol e un establecemento, así como varias casas de turismo rural.

A Pobra do Brollón
       A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia.

       Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. 

        Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017.

       Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Xeografía
      O concello da Pobra do Brollón ten unha superficie de 174,8 km², situados entre o Val de Lemos, na metade oeste, e a serra do Courel, ao leste. Está caracterizado pola súa topografía montañosa na metade leste.

      Cabe destacar os seguintes montes: Alto da Veneira (1.164 m), Mioteira (871 m), O Home Grande (824 m), Cerro de Pereira (648 m), O Covallo (564 m) e Moncai (531 m). A menor altitude sitúase na Ribeira de Val de Frades, xunto ao río Sil.

 Comarca da Terra de Lemos
       A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

       A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901