martes, 5 de septiembre de 2023

MUIÑO DO TIO DEMETRIO - REGO DE PONTE PEDRIÑA - BEARIZ

 MUIÑO DO TIO DEMETRIO

REGO DE PONTE PEDRIÑA

BEARIZ

 Beariz
      Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

     Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003).

     Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio é bearizao ou bearicense.

Xeografía
     O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra).

     Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol.

     Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía
     No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

      Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

     Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

     Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México.

      Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia.

Parroquias de Beariz     
     Beariz (Santa María), Lebozán (Santa Cruz), Xirazga (San Salvador) 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901