miércoles, 5 de junio de 2024

IGREXA DE SANTO ESTEVO DE PONTE CASTRELO - PONTE CASTRELO - CASTRELO DO MIÑO

 IGREXA DE SANTO ESTEVO

PONTE CASTRELO

CASTRELO DO MIÑO

 Igrexa de Santo Estevo    
      Igrexa de planta rectangular e grandes dimensións, con contrafortes nos laterais e muros de cantería.

     Á antiga fachada apegóuselle unha esvelta torre e superpúxoselle unha portada de corte neoclásico con porta con lintel, enmarcada por pilastras con acanaladuras e capiteis de escaso resalte con caulículos e volutas, entre eles friso liso.

      A torre é de catro corpos: o inferior, liso con pilastra en esquina e arquitrabe; o segundo, flanqueado por pilastras lisas con placas no terceiro e cuarto superior, rematadas en arquitrabes; o terceiro, con balconada arredor e catro arcos con banda na metade; e o cuarto, con balconada menor e catro arcos máis baixos có superior. Remata con cúpula de pedra con resaltes na superficie e cruz de ferro.

     Á igrexa engádeselle unha casa reitoral con planta en “L” e galería no alzado oeste. O conxunto, formado pola casa reitoral e o cemiterio, localízase nun lugar alto e dominante con vistas á ribeira do río Miño.

Ponte Castrelo
     Santo Estevo de Ponte Castrelo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 254 habitantes, deles 136 eran homes e 118 eran mulleres.

Lugares de Ponte Castrelo
      A Frieira, Oleiros, Parada, O Pousadoiro, Santo Estevo, Souto

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 


      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

       Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


IGREXA DE SAN LOURENZO DE FUSTÁNS - DORNELAS - FUSTÁNS - GOMESENDE

 IGREXA DE SAN LOURENZO DE FUSTÁNS

DORNELAS

FUSTÁNS

GOMESENDE

San Lourenzo de Fustáns
       San Lourenzo de Fustáns é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende, situado na comarca da Terra de Celanova. 

      Segundo o IGE, en 2018 tiña 177 habitantes (88 homes e 89 mulleres), 56 menos que no 2007.

Demografía
      A parroquia conta con dezasete núcleos territoriais que son:
Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos, A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeriños, Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga e Vilacova.

       Así a todo, as zonas nas que se concentra a meirande parte da poboación da parroquia son as aldeas de Fustáns (58 habitantes), Garabelos (35 habitantes), Dornelas (31 habitantes) e A Casanova (15 habitantes). Pola contra, Redondallo e a Legumieira son pequenos núcleos nos que non reside ninguén.

     O declive demográfico debeuse á emigración cara ás cidades de Vigo e Ourense en busca de oportunidades laborais como consecuencia da pouca industria da zona. Ademais, hai que destacar a condición minifundista do sector agrario existente no lugar.

Situación xeográfica
      Conecta coa capital da provincia, situada a 44 km, a través das estradas nacionais OU-540 e OU-531, que serve como enlace coa vila de Celanova, da que dista 24 km e coa pequena vila termal de Cortegada, situada a 7,7 km da parroquia.

       A autovía A-52 e as estradas PO-406 e OU-531 conectan con Vigo, a 71,7 km. A fronteira con Portugal encóntrase a 17 km da parroquia.

Patrimonio
        O 7 de abril de 1045, Rodrigo Gutiérrez doou a parroquia ás terras de Celanova. A capela de Santo Antonio sitúase na pequena aldea da Casanova, a carón da estrada OU-212.

      O couto conta cun espazo de mesas de pedra baixo unha carballeira, que durante a romaría do patrón (13 de xuño), adoita ser usada como punto de descanso.

     A igrexa parroquial de San Lourenzo está en Dornelas, e data do século XVIII, concretamente a súa construción comezou en 1717. A actividade foi patrocinada por señores feudais, laicos e relixiosos.

      Asemade, na aldea de Garabelos encóntrase a pequena capela da Nosa Señora da Magdalena (1737), que garda un estreito parecido coa igrexa parroquial, xa que ambos os templos son barrocos e foron construídos pola mesma persoa.

Festas
      Os dous festivos locais da parroquia son o 13 de xuño (Santo Antonio) e 10 de agosto (San Lourenzo).

Lugares de San Lourenzo de Fustáns
       Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos. A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeiriños. Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga, Vilacova.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SANTA EULALIA DE BATALLÁNS - BATALLÁNS - AS NEVES

 IGREXA DE SANTA EULALIA

BATALLÁNS

AS NEVES

 Batalláns
        Santa Eulalia de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado.

        Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 206 habitantes (114 mulleres e 92 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 214 habitantes.


Lugares de Santa Eulalia de Batalláns 
     Casal do Mato, A Coutada, O Cruceiro, A Ermida, A Fragua, A Furna, Gandarela, Guille, Lentille, O Pazo, A Pena, Pesqueixóns, O Pío, Porteiro, Portela, A Presa, Traloval, O Viso

As Neves
     As Neves é un concello do sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado, limítrofe con Portugal e bañado polo río Miño que exerce de fronteira natural.

     Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. 

     O seu xentilicio é nevense.

Xeografía
         O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte de San Nomedio, de 690 metros de altitude.

Val do Xuliana
      O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.

Val do Miño
     O río máis longo de Galiza baña o concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. A orografía máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes
      O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara ao nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta
      A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme.

       No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza. 

       Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Toponimia
      O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 4 de junio de 2024

CRUCEIRO DA PRAZA MAIOR - PRAZA MAIOR - A GUDIÑA

 CRUCEIRO DA PRAZA MAIOR

PRAZA MAIOR

A GUDIÑA

A Gudiña
      A Gudiña (do antropónimo xermánico Gotina) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.

      Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003). O xentilicio é «gudiñao/á».

Xeografía
     O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias.

     Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.

     Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52.

      A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo.

     Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.

     Pola Gudiña pasa, pola rúa Maior, a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

     Ao carón da igrexa de San Martiño, a vía divídese na variante sur, por Verín, e na variante norte, por Laza, denominada Camiño Antigo ou Verea dos Galegos.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA