lunes, 16 de agosto de 2021

EIRA DA POUSA - A POUSA - ARMARIZ - XUNQUEIRA DE AMBÍA

EIRA DA POUSA

A POUSA

ARMARIZ

XUNQUEIRA DE AMBÍA


A Pousa
     A Pousa é un lugar da parroquia de Armariz, no concello ourensán de Xunqueira de Ambía, na comarca de Allariz - Maceda. 

     Segundo o IGE, en 2018 tiña 37 habitantes (17 homes e 20 mulleres).

Armariz
     San Salvador de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. 

     No ano 2007 tiña 348 habitantes (180 homes e 168 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Armariz
      Areás, Armariz, Os Casares, As Casas Novas, A Chouzana, Merí, Outorelo, A Pousa, Salgueiros, San Andrés, Vilanova, Vilariño do Río

Xunqueira de Ambía
      Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. 

     Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes. O seu xentilicio é xunqueirao.

Situación
      O concello, de 60,21 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.

Hidrografía
      O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

 Historia
      Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.

      Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida.

     Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.

     A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas), San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.

Patrimonio
     Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueiros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.

Parroquias de Xunqueira de Ambía    
     A Abeleda (San Vicente), Armariz (San Salvador), Bobadela a Pinta (Santa Mariña), A Graña (Santiago), Sobradelo (San Román), Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

 Comarca de Allariz
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 15 de agosto de 2021

OS GROBOS - BECERREÁ - COMARCA DOS ANCARES

 OS GROBOS

BECERREÁ

COMARCA DOS ANCARES


 Os Grobos, un bosque de conto
     Entre os municipios de Becerreá e As Nogais esténdese a Zona de Especial Conservación Cruzul-Agüeira, espazo natural situado na contorna do curso do Navia e dalgúns dos seus afluentes e integrado na Rede Natura 2000.

     Neste lugar atopamos o aciñeiral de Cruzul, cuxa singularidade vén dada pola súa propia situación nunha ladeira montañosa de forte pendente e sobre unha franxa de rochas calcáreas.

       Aquí xérase un  microclima con boas condicións para o desenvolvemento de especies de bosque mediterráneo que fan desta formación o bosque de aciñeiras situado máis ao norte de Galicia.

      Por outra banda, aos pés do souto de castiñeiros de Agüeira, sitúase o coñecido bosque dos Grobos, onde sobresaen impoñentes afloracións de rocha calcaria modeladas pola humidade que dan a este lugar un ambiente case máxico.

     Neste labirinto de rochas kársticas pódese gozar dun colorido espectáculo de contrastes propiciado polo xogo de luces e sombras que logran penetrar entre os pasadizos e a densidade dunha vexetación que convida a adentrarse nun universo paralelo.

     Moi preto deste espazo natural levantouse a ponte sobre o río Cruzul, no trazado da Nacional VI.

     Construída por Carlos Lemaur en época do Rei Carlos III, esta obra reforzou o carácter do municipio de Becerreá como lugar estratéxico de conexión de Galicia coa Meseta e foi testemuña de episodios das guerras napoleónicas e da chegada de Isabel II a Galicia.


Comarca dos Ancares
     Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. 

     Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.


Localización e características
     É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). 

      Os Ancares tiña 9 662 habitantes no 2020, e 1.049,96 km2, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 9,20 hab/km2. 

     Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

    Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. 

      Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. 

      Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 13 de agosto de 2021

ANTIGUA ELÉCTRICA DE SALGADO - RÍO ULLA - DOMBODÁN - ARZUA

 ANTIGUA ELÉCTRICA DE SALGADO 

RÍO ULLA

DOMBODÁN

ARZUA

 Río Ulla
     O Ulla é un río español do noroeste da península ibérica, que desemboca no océano Atlántico a través de ríaa de Arosa.

Curso
     O río nace nos montes de Olveda no concello de Antas de Ulla, provincia de Lugo, entrando ao pouco do seu nacemento en Monterroso.

     Os seus dous afluentes principais pola esquerda son o Arnego e o Deza, pola dereita recibe as augas do Pambre, Furelos e preto do seu desembocadura o río Sar, un pouco antes de recibir as augas do Pambre forma as Torrentes de Macara.

     O seu curso limita as provincias da Coruña e Pontevedra desembocando en ríaa de Arosa á altura de Catoira tras percorrer 132 km. O seu cuenca é de 2764 km², a segunda máis importante de Galicia logo da do Miño e unha das máis salmoneras.

     As súas augas son retidas polo embalse de Portodemouros.

     Entre os seus recursos piscícolas atópase tamén a trucha, anguía e lamprea.

Dombodán
     San Cristovo de Dombodán é unha parroquia situada ó suroeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. 

     Segundo datos do IGE, no ano 2018 tiña unha poboación de 224 habitantes (107 homes e 117 mulleres). 

     Limita co concello de Touro. O seu relevo, aínda que non agreste tampouco é plano, e vai desde o río Ulla até o couto do Viso. A súa poboación dedícase ó sector primario de forma xeneralizada, aínda que tamén estea presente o sector servizos, o comercio e a construción.

Patrimonio histórico artístico
     A súa igrexa parroquial data de 1756. Feita en cantaría, a súa fachada é de estilo barroco-compostelán. Está coroada cunha espadana de características semellantes ás das priorais da Mariña de Lugo. O resto da nave está feita en pedra ordinaria.

     No seu interior hai dous retablos: O Maior e o das Dolores, ámbolos dous de finais do século XVIII (1797), feitos polo mestre arquitecto e escultor Juan Domínguez seguindo os planos de Miguel Ferro Caaveiro.

     Sábese que esta capela pertenceu ó pazo de Brandeso. Veñen a este Santuario a pedir contra o gurgullo do gran, e por un bo parto. Esta petición implica revirar unha tella da Capela como "recordatorio".

Festas
     Celébranse as súas festas os días 30 e 31 de xullo, e no primeiro domingo de setembro celébrase a Romaría do Viso na capela do mesmo nome, situada na cima do couto do Viso, desde onde se di que a Virxe pode ver a do Corpiño e a de Rendal.

     Na parroquia atópase tamén o museo vivente do mel.

Lugares de Dombodán
     A Agra de Pares, Casal de Arriba, Casal de Souto, Dombodán, Gomesende, Gramil, As Hortas, Nabás, Outeiro, A Pedreira, A Pedreiriña, Ponte San Xusto, Portodemouros, Remesil, A Torre, Trasbar, Trasmonte, O Viso, A Xesteira 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA