CRUCEIRO DA CARBALLEIRA
A CARBALLEIRA
SALCEDO
PONTEVEDRA
Cruceiro de pedra de dous chanzos sobre base de formigón.
Reconstruído mediante fotografías pola Escola de Canteiros de Poio, tras caer e romper toda a parte superior.
Base cúbica, con cantos superiores rematados.
Fuste cadrado e octogonal, que se coroa por capitel de catro caras con cabezas de anxos nunha metade, e follas de acanto inferiores.
Nos ángulos aparecen espirais. Na parte dianteira vemos as figuras de San Martín, patrón da parroquia, e a de Santa Rita.
Por detrás está representado San Francisco e a Virxe das Dores.
A cruz é cilíndrica, con vultos en forma de nós, na que aparece un Cristo crucificado, ao que asiste San Francisco co Santo Grial.
Por detrás unha Virxe de pé, sobre peaña de lúa e dous anxos que aparecen sobre os brazos da cruz.
Na parte dianteira de base estaba o oco, agora sen tapa, do caixón das esmolas.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA










No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901