IGREXA DE SANTA MARÁ DE MARZÁ
MARZÁ
PALAS DE REI
Igrexa románica de comezos do s. XIII, con reformas posteriores no muro sur, frontis e ábsida.
É de planta rectangular, constando de nave, ábsida en dous planos (rectangular e semicircular) e sancristía.
Fabricada con muros de cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas augas. Frontis con porta principal sinxela de arco de medio punto, oculto ao exterior por un lintel monolítico que descansa sobre mochetas; ventanal rectangular e espadana barroca de dobre corpo e un só van.
No ángulo norte do frontis, perpiaño con relevo de dragón que podería aludir a S. Bartolomé, titular da antiga capela aquí situada antes de ser igrexa parroquial. Interior: retablo lateral norte barroco e pinturas murais góticas con influencia románica na ábsida (s. XV).
Marzá
Santa María de Marzá é unha parroquia do concello lugués de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 104 habitantes, deles 54 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Marzá
A Avieira, Burdallos, Gresulfe, Marzá, Outeiro de Burdallos, Vinciá, Xuxilde
Comarca da Ulloa
A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.
A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.
O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA












No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901