martes, 13 de enero de 2026

IGREXA DE SAN XILLAO DO MATO - A CARBALLEIRA - O MATO - CHANTADA

 IGREXA DE SAN XILLAO DO MATO

A CARBALLEIRA

O MATO

CHANTADA

 Igrexa de San Xillao do Mato    
        Edificio construído no ano 1871, tal e como reza nunha inscrición do lintel da porta da fachada:
NO ANO 1871 FÍXOSE ESTA OBRA SENDO CURA ECÓNOMO D. VICENTE VARELA NATURAL DESTA PARRQ.

       O retablo da capela maior é de estilo pseudogótico, o dereito neoclásico, e o esquerdo barroco.

O Mato
       San Xillao do Mato é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. 

      Tiña 88 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 42 homes e 46 mulleres. 

      O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 100 habitantes (51 homes e 49 mulleres).

Patrimonio
    Igrexa de San Xillao do Mato, construída en 1871.
    Peto de Mato, na Carballeira.

Lugares de O Mato
        Abral, A Carballeira, Fondo da Vila, A Moreira, O Pacio, O Romeo, Vilar de Eiriz 

Comarca de Chantada
      A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 

      Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901