domingo, 11 de enero de 2026

IGREXA DE SAN PEDRO DE VILAREDA - PURICELAS - VILAREDA - PALAS DE REI

IGREXA DE SAN PEDRO DE VILAREDA

PURICELAS

VILAREDA

PALAS DE REI

       Igrexa de orixe románica, con reformas importantes ao longo da historia, polo que só se conserva a portada deste estilo. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e o pavimento interior é de laxas do mesmo material. 

A planta é rectangular no caso da nave, e de tendencia cadrada no caso do presbiterio, de menores dimensións, ao que se pega a sancristía no lateral dereito. 

       A nave dispón de dúas portadas, unha lateral de construción moderna, e a do fronte, de estilo románico. Formada por un arco de medio punto de dúas arquivoltas de baquetón e unha moldura exterior de billetes. 

        A cada unha das arquivoltas corresponde un par de columnas de bases tóricas, con capiteis con motivos vexetais e antropomorfos. 

       As mochetas soportan un lintel no que se acha inscrita nun círculo unha cruz grega. Sobre a portada hai un óculo, e remata o fronte unha espadana de dous troneras e un óculo superior.

Puricelas
       Puricelas é un lugar da parroquia de Vilareda no concello lugués de Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

      Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2021 tiña 15 habitantes, dos cales 7 eran homes e 8 eran mulleres. 

Vilareda
       San Pedro de Vilareda é unha parroquia do concello de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. 

        Segundo o IGE en 2013 tiña 132 habitantes (68 homes e 64 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes..

       Linda co concello de Monterroso. É unha das máis extensas do concello.

Patrimonio
        A súa igrexa, na honra a San Pedro e a Virxe dos Desamparados, é, como todas as da zona, románica, posiblemente do século XII. A lagoa de Vilareda foir recuberta de cascallo en agosto de 2003.

Festas
As súas festas celébranse a mediados de agosto.

Lugares de Vilareda
        Agrolento, Carballido, Mourices, Outeiriño, Outeiro, Puricelas, Rumín, Vilareda 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901