CAPILLA DE SANTIAGUIÑO
ERMIDA
CUNTIS
     Localizada  no lugar da Ermida, está provista dun 
soportal na súa fachada -que terma dun  tellado- e erguida nunha paraxe 
moi fermosa, próxima ao río Umia e no interior  dun campo circundado por
 vellos carballos e castiñeiros. 
      O Santiaguiño da  Ermida é un centro 
espiritual de grande antigüidade, xa existente no S. XVI  aínda que ben 
puidese ter as súas orixes no medievo xa que esta edificación dá  nome 
ao lugar, A Ermida. 
     Ademais  do apóstolo 
venérase a unha Virxe da Pena (ou da Peña) que contan que apareceu  nas 
inmediacións, xunto a un manancial de auga milagreira que aínda se 
conserva  e que nas súas pedras leva gravado ese suposto milagre 
mariano.
     No  que respecta á imaxe de 
Santiago Apóstolo, había a tradición de mergullalo no  interior do río 
Umia para que o santo lle trouxese boas colleitas aos labregos  do lugar
 e para implorar a chegada das choivas cando tocaba un ano de seca.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 




















