miércoles, 1 de junio de 2022

TORRE DA PENELA - PENELA - SILVAREDONDA - CABANAS DE BERGANTIÑOS

 TORRE DA PENELA

PENELA

SILVAREDONDA

CABANA DE BERGANTIÑOS

 Torre da Penela
     O Castelo da Penela, ou Torre da Penela sitúase no lugar da Penela na parroquia de Silvarredonda, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, en Galicia.

Historia
      O antigo castelo foi fundado por Lope Bermúdez, que emparentou coa liñaxe dos Altamira casando con Urraca de Moscoso, descendente da liñaxe dos Bermúdez de Traba, era parte dunha rede de fortificacións fronteirizas para a defensa da comarca de Bergantiños. 

     Con posterioridade pasou a ser patrimonio dos condes de Priegue, donos da Torre de Celas de Peiro.

     As reformas levadas a cabo durante o século XVII configuraron a súa actual tipoloxía de residencia palaciana.

       Conta a lenda que un cruceiro, hoxe situado preto da torre, atopábase antes á entrada da fortificación de xeito que todo o que pasase por diante quedaba ceibe dos seus perseguidores. Segundo a lenda, unha muller achegouse ao cruceiro, sendo apreixada xusto antes e decapitada; os veciños sentiron mágoa por ela, “Pena dela”. Así, conforme a lenda, se orixinou o nome, Penela.

Heráldica
       A liñaxe dos Riobó representa no escudo de armas como armas sobre campo de sinople unha torre de prata cunha silva envolvéndoa.


Características
     A torre é de planta cadrada distribuída en dous andares e un soto no cal se abre unha porta con arco de volta perfecta composto por doelas de bo tamaño. No alto remátase cunha terraza con ameas en toda a súa volta. Algunhas das xanelas foron abertas en tempos posteriores.

      Na fachada conserva escudos de armas dos Castro, Rioboo e Bermúdez. Na fachada posterior existe un acceso directo á terceira planta debido ao desnivel do terreo.

      Hoxe en día é usado como celeiro e no seu interior consérvase a estrutura dunha escaleira de caracol.

     Encaixado nun lavadoiro consérvase outro escudo moi gastado. Detrás da torre atópase unha fonte con pia e forma de cadaleito. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901