jueves, 9 de junio de 2022

RUINAS DA CAPELA DE SAN XOSÉ - O PAZO - PARDAVEDRA - A BOLA

RUINAS DA CAPELA DE SAN XOSÉ

O PAZO

PARDAVEDRA

A BOLA

O Pazo
      O Pazo é un lugar da parroquia de Pardavedra no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova. 

     Tiña 11 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 4 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres).


Pardavedra
     Santiago de Pardavedra é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 158 habitantes, deles 80 eran homes e 78 eran mulleres.

Lugares da parroquia de Pardavedra     
     Barrio, Casanova, Fondo de Vila, Pardavedra, O Pazo, Ponte Rubiás, O Rañadoiro, Rubiás, Vilar

A Bola
      A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Vilar de Santos, e ao oeste con Celanova.

      Está situado nunha zona de media montaña, preminentemente chá, nas estribacións da cara leste da serra do Leboreiro, ao pé dos cumios do Forriolo, Monte Calvo e San Cibrao. A altitude media está entre os 500 e 600 m. A altitude máxima é o monte do San Cibrao (914 m), e a mínima no regato de Fechiñas, no límite con Celanova e A Merca (300 m), ao noroeste.

      Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 °C e unha amplitude térmica de 13,4 °C. ,

     Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1038 mm, cunha acusada seca no verán.

     A hidrografía está determinada polo curso medio do río Arnoia e por varios afluentes, destacando entre eles o río Orille. Este curso, procedente de Verea, delimita boa parte dos límites occidentais do concello. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello, e con dirección leste-oeste. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.

      Cara ao leste está a zona máis accidentada, no Monte Calvo e no Forriolo, que dividen as cuncas do río Limia e do Miño.

Parroquias da Bola   
      Berredo (San Miguel), Pardavedra (Santiago), Podentes (Santa María), San Martiño de Berredo (San Martiño), Santa Baia de Berredo (Santa Baia), Sorga (San Mamede), Soutomel (Santa Locaia), Veiga (San Munio)

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901