MUIÑOS DO CASTRO
O CASTRO
ATIOS
PORRIÑO
Sendeiro dos muiños
O sendeiro dos Muíños, de dificultade media – baixa, ten 8 quilómetros de lonxitude e transcorre por zonas de elevado interese natural e etnográfico.
O percorrido realízase case na súa totalidade por pistas de terra en bo estado.
O punto de partida é a igrexa parroquial de Santa Baía de Atios, do século XVIII. Dende alí avanzamos polo camiño do viacrucis, conxunto de 14 cruces das que poderemos observar un bo número delas.
No barrio do Castro apreciaremos o seu cruceiro, posiblemente do século XVIII, así como os muíños de auga.
Entre penedos de formas curiosas chegamos aos puntos máis elevados do percorrido, con fermosas vistas: A Veiguiña, o Alto do Corvo e o Penedo do Porco Rachado, coa mellor panorámica posible sobre as canteiras de granito rosa do Porriño.
Logo, o percorrido descende, pasa moi preto das canteiras e remata de novo na igrexa parroquial de Atios.
Atios
Santa Eulalia de Atios é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2020 tiña 2.287 habitantes (1.161 mulleres e 1.126 homes), 53 menos ca en 2018.
Están distribuídos en 17 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación era de 2.202 habitantes, sendo 1.101 homes e 1.101 mulleres.
A parroquia, a segunda de máis tamaño do concello, está atravesada pola vía portuguesa do camiño de Santiago.
Lugares de Atios
Alvarín. O Carballal, O Carbón, A Casilla, O Castro, As Cavadas, O Covelo, Os Eidos, Galegos, A Guía, A Insua, Liboeira, O Outeiro, A Pontenova, Portela de Souto, O Rial, A Rocha, A Torre, Vilafría, A Viñoeira
Comarca de Vigo
A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo.
A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
MAPA
Fuente: Concello de O Porriño
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901