FERVENZA DO POZO DA FORCA
REGO DA BARCIA
RIOBÓ
CABANA DE BERGANTIÑOS
Fervenza do Pozo da Forca
Si hai un lugar no que verificar aquilo de que Galicia é a terra dos mitos e as fábulas ese é a Fervenza do Pozo da Forca, en Cabana de Bergantiños.
Ao seu ao redor medrarón crenzas e lendas algunhas din que é un ollo de mar en terra, outras falan do tesouro que brilla ao fondo do inacabable e misterioso fondo do pozo ou como conseguir o ouro por medio de dous terneros irmáns alimentados do seu propio leite.
O que si que é real é o pintoresco desa pequena e melódica fervenza que se atopa entre pedras escuras e bucólica vexetación de fentos verde jade.
Pero non só o oído e a vista veranse consentidos na súa contorna, tamén se acariña ao olfato por un inigualable aroma a terra mollada que invita a coller ben fondo o aire sentindo como enche os pulmóns e a garganta e vai saíndo aos poucos cara á frescura exterior.
Riobó
San Martiño de Riobó é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños.
No ano 2018 tiña 251 habitantes dos cales 127 eran homes e 124 eran mulleres segun datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 351 habitantes e ao 1999 cando tiña 374 habitantes.
Lugares de Riobó
A Barcia, Camafreita, Casais, A Devesa, A Esmorisa, Folgoso, A Mata, Meixoeiro, Padrín, O Rempenín, Riobó, Soutochán, O Vao
Comarca de Bergantiños
A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas.
Esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo.
Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.
Ten unha superficie de 743,51 km² e tiña 66.840 habitantes no ano 2020.
VIDEO
MAPA
Fuente: Guía Repsol
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901