lunes, 13 de junio de 2022

FERVENZA DO BATÁN - RÍO MENDO - FERVENZAS DE REXIDOIRA - OZA CESURAS

 FERVENZA DO BATÁN

RÍO MENDO

FERVENZAS DE REXIDOIRA

OZA CESURAS

Fervenzas da Rexidoira
     Trátase dun curto paseo, cun certo grao de dificultade, que nos permitirá coñecer varias fervenzas no río Mendo.

      Comezamos a nosa andaina xunto á antiga casa do legoeiro, onde unha estrutura de madeira ofrécenos á oportunidade de xogar e coñecer alguns dos oficios da contorna.

     De seguido, tras cruzar o río sae unha pista de terra que nos achegará ás fervenzas. Está sinalizado como SM17, da rede das Sendas do Mandeo.

      Tras apenas 200 m aproximadamente atoparemos un sinal que nos leva decontado ata as fervenzas 1 e 2. Cómpre facer atención no percorrido a partir de aquí xa que se trata de apenas un carreiro, que pode ser esvaradío, sobre todo en época de choivas.

     De feito existe un atallo que pode levarnos do cadoiro 2 ao 3, pero recomendamos voltar e seguir a senda marcada. Tras poucos m atoparemos a baixada cara a esta última, chamada o pozo da Ola. Retomando o camiño seguiremos cara á derradeira fervenza, denominada O Batán. O regreso faise seguindo os sinais por un carreiro que nos leva á pista forestal que seguiremos ata o punto de inicio.

Oza-Cesuras
     Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Xeografía
     O Concello de Oza-Cesuras ten unha superficie de 151,8 km² e abrangue 25 parroquias. Está na comarca de Betanzos e limita ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis, Mesía e Vilasantar, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo.

Orografía
     O concello está na zona de baixada entre a meseta de Curtis e os vales dos ríos Mendo e Mero e Mandeo. O Mendo e o Mandeo descorren desde a parte central e sur do concello ata a súa case chegada á ría de Betanzos. Nese comezo, no sur, é onde están as maiores altitudes: alí están os montes da Tieira, do Lago, da Pena Moura ou do Brueiro, que están arredor dos 540 metros.

     O Mero descorre polo noroeste do concello e forma un amplo val lindando con Abegondo. No comezo desta parte as altitudes son de 450 metros e descenden dun xeito acusado ata o Mero. Ao comezo dos afluentes dos tres ríos, en especial no centro sur, as zonas do relevo son accidentado e os vales profundos. Como exemplo, destacan as pendentes dos vales de Filgueira de Barranca.

     De leste a oeste as pendentes diminúen. A zona leste, como os arredores de Rodeiro, son unha zona alta chá, e orograficamente está ligada á comarca da Terra Chá. As zonas máis centrais do concello son zonas de baixadas acusadas e de vales encaixados. Por último, a zona oeste é de pendentes máis suaves.

Parroquias de Oza-Cesuras    
     Bandoxa (San Martiño), Borrifáns (San Pedro), Bragade (San Mamede), Carres (San Vicenzo), Cis (San Nicolao), Cuíña (Santa María), Cutián (Santa María), Dordaño (Santa María), Figueredo (Santa María), Filgueira de Barranca (San Pedro), Filgueira de Traba (San Miguel), Loureda (Santo Estevo), Mandaio (San Xiao), Mondoi (Santa Cruz), Oza (San Pedro), Paderne (Santiago), Parada (Santo Estevo), Porzomillos (San Pedro), Probaos (Santaia), Reboredo (Santiago), A Regueira (Santa María), Rodeiro (Santa María), Salto (San Tomé), Trasanquelos (San Salvador), Vivente (Santo Estevo)

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901