MUIÑOS EN VILAR
VILAR
RANDÍN
CALVOS DE RANDÍN
Vilar
Vilar é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.
Tiña 60 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 34 eran homes e 26 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres).
Randín
San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.
No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.
No seu termo áchase o Castelo da Picoña.
Historia
Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.
Lugares de Randín
Paradela, Randín, Vilar, Vilariño
Comarca da Limia
A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.
A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901