RÍO SAR
VIDÁN
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Río Sar
O río Sar é un afluente do río Ulla pola súa banda dereita.
Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela), e discorre polas parroquias tamén compostelás de Sar, Conxo, Vidán (onde desemboca nel o seu afluente o Sarela) e Laraño.
De seguido, no concello de Ames atravesa a parroquia de Bugallido e baixa rapidamente ata os 30 metros sobre o nivel do mar, atravesando a parroquia de Ortoño e internándose no val da Amaía a partir de Bertamiráns, onde recibe a auga do rego dos Pasos.
No concello de Brión atravesa as parroquias dos Ánxeles, onde desemboca o seu afluente río Pego, e Bastavales, onde tamén recolle augas doutros pequenos afluentes.
Chega ó concello de Rois na parroquia de Ribasar ó tempo que fai límite co concello de Padrón.
Preto do lugar de Seira (Rois) recibe as augas do río Rois, no cal existe unha pequena praia fluvial, para xusto despois internarse no concello padronés.
Posteriormente, tras pasar por Iria Flavia e a propia vila de Padrón, desemboca no río Ulla augas abaixo de Pontecesures, facendo fronteira entre os concellos de Padrón e Dodro e recibindo xa o influxo da marea da ría de Arousa.
Neste último tramo, á altura de Padrón, existe un canal de derivación que conduce parte da auga ó Ulla por riba de Pontecesures.
A súa construción rematouse no ano 1994, co obxecto de evitar os graves asolagamentos que viña sufrindo a vila producidos polas frecuentes crecidas do río.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901