SANTUARIO DE COUSO DE SALAS
COUSO DE SALAS
MUIÑOS
Santuario de Couso de Salas
Santuario que se comezou a construír a comezos do século XIX coa grandeza e estilo de Santa Eufemia de Ourense, quedando sen concluír.
A tradición popular asegura que os franceses non se atrevían a pasar deste santuario. A arquitectura, malia estar inacabada, chegando a construción ata o arranque dos arcos da bóveda, mostra a grandiosidade coa que foi planificada.
O edificio constaría de tres naves, maior a central, comunicada coas laterais con arcadas e articulada con pilastras nas que se asenta o arranque de arcos formeros. A plana complétase con cruceiro e capelas a ambos os dous lados do presbiterio.
O retablo maior organiza a súa iconografía en exaltación da Virxe, rodeada de anxos. A inspiración é a débeda coa obra de Domingo de Andrade no baldaquino da capela de San Cristo da catedral de Ourense, é patente nos dous grandes anxos que en posición inclinada simular soster sobre os seus ombros a pesada carga da estrutura de madeira.
Consta o retablo dun corpo con fornela, que alberga a pequena imaxe da Virxe titular, entre columnas corintias, e relevos a ambos os dous lados da Anunciación e Asunción da Virxe.
Couso de Salas
Santiago de Couso de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 147 habitantes, dos cales 75 eran homes e 72 mulleres.
Patrimonio
A igrexa parroquial, do século XVII, ten unha nave con arco de triunfo sobre pilastras de aceso ao presbiterio e sancristía. O retablo, da mesma época, ten dous corpos, con base con relevos dos Evanxelistas pareados e ático coa Trindade.
O santuario dos Miragres comezou a construírse a inicios do século XIX cunha arquitectura de grandes pretensións, pero ficou sen rematar.
No retablo maior, que repousa sobre a figura de dous grandes anxos, destaca a Virxe rodeada de anxos.
Comarca de Baixa Limia
A comarca de Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.
Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.
MAPA
Fuente: Turismo de Galicia
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901