A PONTE NAVEA
RÍO NAVEA
SAN XOAN DE RÍO
A POBRA DE TRIVES
Río Navea
O Navea é un río ourensán, afluente do Bibei, pola súa esquerda, sendo este a súa vez tributario do río Sil. A súa lonxitude é de 41 km.
Percorrido
O Navea nace nos Altos do Gancedo, a 1260 m de altura, na serra de San Mamede, no concello de Laza, formándose da unión de varios regos, coñecéndose no seu tramo inicial como río de Queixa.
Ten numerosos regos como afluentes, que recollen augas principalmente da serra de Queixa, e dos que destacan o río Rabal pola esquerda e o río Grande pola dereita.
Ao longo do seu curso, ademais do municipio de Laza, atravesa o de Chandrexa de Queixa, fai límite entre os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives, para entrar á fin neste último, uníndose ao Bibei pouco antes de que este renda as augas no Sil, preto do lugar da Ponte Nova.
Como noutros ríos de montaña, o Navea vai encaixado practicamente en todo o seu percorrido, formando algunhas das gargantas máis afundidas do relevo galego, dada a dureza do material xeolóxico da bacía: micacitas, granito e granodioritas.
A cunca do Navea cobre unha área de 269 km².
Explotación
O Navea é unha das correntes fluviais máis explotadas para a produción de enerxía eléctrica, pois conta con 4 encoros: Chandrexa, Guístolas, San Cristovo e Pontenova.
Ecoloxismo
A cunca do Navea forma parte do espazo protexido do Macizo Central ourensán.
Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.
Poboación
No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.
Xeografía
A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.
Turismo
O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901