sábado, 10 de abril de 2021

ALDEA ABANDONADA DE PONTE NAVEA - A POBRA DE TRIVES - SAN XOAN DE RÍO

 ALDEA ABANDONADA DE PONTE NAVEA

A POBRA DE TRIVES

SAN XOAN DE RÍO


San Xoán de Río

     San Xoán de Río é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 249 habitantes (118 homes e 131 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 342 habitantes.


Lugares de San Xoán de Río
     Abelaído, A Alenza, O Campo, Cerniza, Domecelle, Fondo de Vila, Mouruás, A Ponte Navea, A Pousa, O Reboledo, San Miguel, A Torre Vella, Valdonedo

      Ao carón da Ponte Navea, que separa os concellos da Pobra de Trives e de San Xoán de Río, localízase unha antiga e pequena capela da época medieval, aínda que a súa orixe se sitúa en tempos da época romana, aos pes da Vía XVIII ou Via Nova, que unía Astorga con Braga, coa posible existencia dun templo na súa localización.

     A pequena capela de mampostería con cuberta de tella a dúas augas e dunha soa planta rectangular encóntrase acaroada a un antigo e rudo alpendre.


      Na fachada destaca o arco de medio punto da porta de entrada, sobre a que se sitúa unha cruz labrada na doela central, que corresponde á Orde de Malta ou de San Xoán de Xerusalén.

      Esta, era unha orde de monxes guerreiros e a súa función era a de protexer aos viandantes que peregrinaban por aquí ata Santiago de Compostela.

     Por iso sabemos da existencia dunha ruta xacobea pertencente ao Camiño de Santiago, que aproveitaba parte da Vía XVIII no seu itinerario. 

     Unha antiga fonte e un rústico lavadoiro érguense a un lado do camiño. Este punto foi quizais unha especie de "aduana" ou albergue para todo aquel que camiñaba por esta comarca.

Comarca da Terra de Trives
     A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. 

     A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.


Poboación
     No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.


Xeografía
      A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.

Turismo
     O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901