lunes, 5 de abril de 2021

MUIÑO NA CANCHETA - A CANCHETA - LOUREIRO - RÍO ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO NA CANCHETA

A CANCHETA

LOUREIRO

RÍO ALMOFREI

CERDEDO COTOBADE

 Loureiro
      Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.

     Segundo o IGE, en 2015 tiña 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), 30 menos ca en 2004. 

     Ten dez entidades de poboación.


Lugares de Loureiro

     Arufe, As Barreiras, O Batán, O Beseiro, O Brixel, As Cabaleiras, A Cancheta, O Cano, Casalmeán, A Chan, A Chandoído, A Costa, Fontevaliño, O Frade, O Igrexario, Insuela, Os Meáns, O Pereiral, O Piornal, A Portela, A Porteliña, Ribalta, A Toxeira, A Vilalén


Río Almofrei
     O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra.


     É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.


Étimo
     A denominación do río está vinculada ao lugar e parroquia de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), que bañan as súas augas, de xeito que ben expresado o seu nome sería "río de Almofrei", o que é bastante característico na denominación de numerosos ríos menores.


     Á súa vez o nome da parroquia é de orixe xermánica dun posesor, seguramente altomedieval, con nome gótico latinizado, Ermaufredus, que polo xenitivo, Ermaufredi, pasou por evolución ao galego Almofrei.    

     Outros autores falan dunha orixe árabe da palabra, que conservaría en galego o significado de funda na que se leva a cama de viaxe.


Descrición
     O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.


Percorrido

     Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo-Cotobade: Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río.


     Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percurso do río é de NO a SE.


Afluentes
     Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.


Réxime hídrico
     O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.


Construcións
     Ó longo do seu percorrido hai un bo numero de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901