miércoles, 7 de abril de 2021

MUIÑO DE ESPERELA "UN" - PORTAMUIÑOS - BORA - RÍO ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DE ESPERELA "UN"

PORTAMUIÑOS

BORA

RÍO ALMOFREI

CERDEDO COTOBADE

  Bora
     Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

     Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), 58 menos ca en 2000.

     Ten dezasete entidades de poboación.

     A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.


     Limita ao norte coa parroquias de Santo André de Xeve (a través do río Lérez), ao sur con Marcón, ao leste con Tenorio e Almofrei (do concello de Cerdedo-Cotobade, a través do río Almofrei) e ao oeste con Mourente. Está atravesada pola estrada N-541.


Historia
     Sobre os ríos hai dúas pontes antigas. Nunha delas librouse en 1809 unha decisiva batalla na Guerra da Independencia Española contra as tropas francesas do xeneral Ney.

     No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Patrimonio
     Da igrexa parroquial consérvanse un fragmento dun antigo baldaquino representando a Santiago e San Pedro, hoxe exposto no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Na parroquia hai tres petos de ánimas


Lugares de Bora

     Cara, A Cardosa, A Corval, O Couto, A Igrexa, A Lameliña, As Leiras, O Pío, As Pontes, Portamuíño, O Quinteiro, O Salgueiral, O Teso, O Tombo, O Valo, Vilares

Río Almofrei
     O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra. É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.



Descrición
     O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.


Percorrido
     Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo-Cotobade: Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río.

     Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percurso do río é de NO a SE.


Afluentes
     Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.


Réxime hídrico
     O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.

Construcións
     Ó longo do seu percorrido hai un bo numero de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901