domingo, 18 de abril de 2021

PETRÓGLIFO PIÑEIRAL DE GUIELA - CALVELO - TENORIO - CERDEDO COTOBADE

PETRÓGLIFO PIÑEIRAL DE GUIELA

CALVELO

TENORIO

CERDEDO COTOBADE

 Cerdedo – Cotobade conta cun importante patrimonio de arte rupestre, espallado por todo o territorio.

     As terras deste concello albergan importantes asentamentos desde a antigüidade, polo que son abundantes os restos arqueolóxicos; sobre todo petróglifos, mámoas e castros que conforman as mostras máis significativas dos antigos poboadores do municipio.

      Aínda que é certo que moitos deles, debido ao seu difícil acceso e sobre todo pola súa propia conservación seguen sen ser estudados e desenterrados.

      Os petróglifos son gravados históricos con representacións de caracter simbólico, realizados en rocas graníticas dos que se coñecen máis de 150 exemplos.


Calvelo
     Calvelo é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o IGE, en 2015 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), o que supón un aumento de 12 persoas respecto ó ano 2006.

Lugares de Tenorio
   Barro, A Cal, Calvelo, O Castro, Covas, A Esquipa, A Laxe, Lérez, O Outeiral, Parada, Rascadería, O Río Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova, Zamar


Cerdedo-Cotobade

     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo

     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.


Cotobade
      En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.


     O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).


     Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74).


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Etnografía
Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Cerdedo Cotobade

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901