martes, 2 de abril de 2019

PONTE MOURENTÁN - RÍO DEVA - ARBO

PONTE MOURENTÁN
RÍO DEVA
ARBO


Ponte de Mourentán
     A ponte de Mourentán é unha construción de cachotaría do século XVIII con arco apuntado e rasante alombado. Está situada na parroquia de San Cristovo de Mourentán, no concello de Arbo. 



     A ponte salva o río Deva e atópase no antigo camiño real que ía de Ribadavia a Salvaterra e Tui. Consta dun só van e a súa luz ten unha lonxitude de 12,40 metros. O seu estado de conservación é bastante bo.


Mourentán
     San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 571 habitantes (282 homes e 289 mulleres) distribuídos en 63 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 738 habitantes.



Lugares de Mourentán
     A Abelenda do Cuarto, Agroi, O Canaval, O Carballal, A Carballeira, A Casanova do Cuarto, A Cavada, As Cavadas, A Choia, A Corredoira, As Corvaceiras, O Coto de Barcia, O Coto de Covas, O Coto de Sande, Covas de Abaixo, Covas de Arriba, O Covelo, A Cruz, A Cuqueira, O Currillo, Os Doños, A Eira, O Eirado, A Ermida, Esmoriz, A Fenteira, Fontán | A Fraguiña, A Igrexa, A Ladeira, A Lomba, Louredo, O Mato, O Meixoeiro, As Negráns, A Nogueira, Novás, O Outeiro de Abelenda, Paravedra, O Pazo de Sande, A Pereira, O Pibidal, Pimende, O Pombeiro, A Portela, O Pozo, Rande, O Reguengo, Riás, A Rocha, A Rotea, San Roque, As Searas, O Souto, O Toural, Trabazos, Valiño, A Valouta, A Ventana, O Vieiro, Vilariño, Xixáns, O Xumezo




Río Deva
     O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.



Percorrido
     O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s. 



Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 



     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 


     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 


     Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014. 

 VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901