domingo, 7 de abril de 2019

IGREXA DE SANTA MARÍA DE MIXÓS - ENTREVESIÑOS - MONTERREI

IGREXA DE SANTA MARÍA
MIXÓS
ENTREVESIÑOS
MONTERREI


Igrexa de Santa María de Mixós
      A igrexa de Santa María de Mixós é un templo relixioso prerrománico, situado no lugar de Mixós, na parroquia de Estevesiños (Monterrei).


     O 3 de xuño de 1931 foi declarada Monumento Histórico-Artístico e é Ben de Interese Cultural.



Historia
     A súa formación parece bastante temperá, pois todo indica que xurdiu á sombra dun primitivo cenobio fundado por San Martiño de Dumio no século VI.


     No templo actual, do século IX, empregáronse materiais anteriores.


     O convento de Mixós logo pasou a depender do mosteiro beneditino de Celanova.



     O lugar está atravesado polo camiño de Santiago, na rota da Vía da Prata que desde Verín toma por Laza.


     Este camiño está identificada coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII do itinerario de Antonino, no punto no que se cruza con outros que van cara a Vilela e Vilela de Abaixo.



Arquitectura
     O templo é de planta rectangular, coa porta, de arco oxival, no muro sur. na súa orixe era de planta basilical con tres ábsidas e tres naves separadas por arcos de ferradura, conservándose o inicio do primeiro arco do lado sur da nave central.



     Suponse que o templo orixinal non estaba abovedado ao non se atoparen restos de contrafortes. O tellado é a dúas augas.



     A cabeceira é de cantería, con tres ábsidas co exterior rectangular, sobresaíndo o central.


     Cada ábsida ten cadansúa ventá, estreita e alongada, acabadas en arco de ferradura.



     As ábsidas teñen planta en forma de semicírculo prolongado, cubertas por bóvedas de ladrillo. Os altares das ábsidas norte e central están soportados por aras romanas, cunha inscrición adicada a unha deusa precristiá na da ábsida central.



     A ábsida central ten unha imaxe de Xesús Cristo crucificado, con restos da policromía orixinal na bóveda.


Estevesiños
     San Mamede de Estevesiños é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. 




     No ano 2007 tiña 231 habitantes (108 homes e 123 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.


     Nesta parroquia, amais da igrexa parroquial de San Mamede, atópase a Igrexa de Santa María de Mixós.


Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901