MUIÑO DA CENTRAL
RÍO VERDUGO
ALDEA DAS PARTIDAS
COVELO
A LAMA
O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.
Percorrido
O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).
No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior. No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.
Características
O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.
Aproveitamento
No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.
Covelo
San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra.
Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.
Lugares de Covelo
Barbeira, Covelo, A Fírveda, O Forno, A Gateira, Laxedo, O Outeiro, O Pelete, A Perdiz, O Toxal, O Valciño, Ventoselo, A Vincurada
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarhola Xoán. Gracias por dar información da nosa zona. Solo unha corrección. Son de Laxedo -parroquia de Covelo-, Laxedo -ó que se lle chama Covelo- é o pobo coa estatua do conde Cabanelas. O que denominas como Aldea das Partidas é unha aldea abandonada nos anos 50 porque é unha zona escarpada e tiña malos camiños de carro, e chámase Os Carneiros.
ResponderEliminarAs Partidas son unhas veigas de Laxedo. Antes da central.
un saudo
Moitas gracias por a aclaración no
Eliminar