viernes, 19 de abril de 2019

CANDEAS CONTRA A XEADA - BODEGAS MARTÍN CÓDAX

CANDEAS CONTRA A XEADA
BODEGAS MARTÍN CÓDAX
ENSAIO EN MONTERREI
OURENSE


     Bodegas Martín Códax ensaia nas viñas de Monterrei o efecto das candeas contra a xeada


     O ensaio deixou una imaxe moi curiosa que é moi común ver nos viñedos franceses durante esta época. O emprego destas candeas busca subir a temperatura do viñedo en época de xeadas, condicións climatolóxicas adversas cando a vide se atopa en estado de brotación.


     Ducias de pequenas luces entre a escuridade. Así quedou tinguida a paisaxe de Monterrei durante a pasada noite, una imaxe que ademais de ser curiosa, reflicte o traballo que realiza na zona o equipo de Viticultura de Bodegas Martín Códax, adaptándose ao cambio climático e ás condicións climatolóxicas adversas.


     Tomando como referencia a práctica que levan a cabo nos viñedos franceses, dende Martín Códax quixeron probar os efectos do prendido controlado de candeas no viñedo durante a noite para facer fronte a posibles xeadas que poidan producirse na zona na que cultivan a variedade godello coa que elaboran Mara Martín e Mara Moura. E é que  tras a vendima a vide vai entrando pouco a pouco nun estado de hibernación que dura todo o inverno, e que se rompe coa chegada da primavera e a suba das temperaturas. Durante este período no que se produce a brotación a planta é máis sensible, e as xeadas poderían estragar eses brotes verdes que xa agromaron.

     Co obxectivo de coñecer as diferentes posibilidades coas que facer fronte a estes eventuais cambios na climatoloxía (que poden provocar adiantos na brotación e risco xeadas tardías) os viticultores realizaron este estudo nunha das súas parcelas de Monterrei, concretamente en Vilardevós. Con esta proba, puideron comprobar que a temperatura da vide subía tras o prendido das candeas, podendo chegar así a mitigar os efectos dunha posible xeada.


     Pero este non é o único método co que se pode contrarrestar os efectos dunha  xeada primaveral na viña. Dende a cooperativa tamén están a contemplar outras posibilidades como son os muiños de vento que moven as capas de aire en contacto coas cepas, e o emprego de maquinaria especializada que emite una mestura de fume con vapor de auga mentres percorre o viñedo, o que crea unha pantalla de fume  que fai que o aire se enfrie mais lentamente elevando a temperatura da planta.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901