CAPELA DO DOCE NOME
CASTRO DE TROÑA
PÍAS
PíasSanta Mariña de Pías é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 463 habitantes (247 mulleres e 216 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 450 habitantes, sendo 214 homes e 236 mulleres.
Situación
Pías está situada entre Ponteareas e Mondariz, a seis quilómetros de Ponteareas e a tres quilómetros de Mondariz.
Patrimonio
Na parroquia localízase o castro de Troña.
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Pías é do século XVIII, considérase unha igrexa de estilo neoclásico, aínda que sufriu diversas reformas e engadidos posteriores. Ten un retablo de San Bieito, tallado en 1774, e un grupo escultórico de alabastro que representa a San Xoán Bautista bautizando a Cristo.
É moi coñecida pola sona milagreira de San Bieito de Pías, na honra do que se que se celebran (dúas veces ao ano) as festas máis importantes.
Fronte a igrexa está a casa reitoral, construída en 1781, con corpo de torre e escudo.
Hai dúas capelas: a do Doce Nome, sobre o castro de Troña, e a de Santa Tegra con interesante romería.
Tradicións
A tradición di que se a unha persoa lle aparece unha verruga nalgunha parte do corpo e quere quitala, ten que ofrecerse a San Benito de Pías. A ofrenda consiste nunha ducia de ovos, que teñen que ser recollidos na aldea do ofrecido, pedindo un ovo a cada veciño. Unha vez conseguida a ducia de ovos, hai que levarlla e acenderlle unha candea. En pouco tempo a verruga desaparece.
Lugares da parroquia de Pías
Chans, A Costeliña, Cotobade, A Cruz, A Ermida, A Lenguda, O Outeiro, A Pontacóns, O Souto do Pazo, O Toxo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901