viernes, 15 de febrero de 2019

IGLESIA DE SAN SALVADOR DE VILAZA - MONTERREI

IGREXA DE SAN SALVADOR
VILAZA
MONTERREI 
OURENSE


Igrexa de San Salvador de Vilaza.
     A igrexa de San Salvador de Vilaza no convento de Monterrei é de orixe románico, aínda que o edificio actual corresponde a algunhas reformas no período barroco.



     Da construción orixinal mantense unha magnífica torre románica, a mellor conservada na provincia de Ourense.



Vilaza

     San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. 



     No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.


Historia
     Existía un manancial de augas minero medicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, que foi denunciado por Jacinto Becerra Romero.



     En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda é Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.



Lugares de Vilaza
     A Salgueira, Vilaza



Monterrei
    Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín



      Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003).



     O seu xentilicio é monterreiés, montederrense ou montederreguense.



Xeografía
     O concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. 



     O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda



Demografía
     O concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España.



     Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. 



     Na actualidade Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.



Parroquias de Monterrei

   Albarellos (Santiago), Estevesiños (San Mamede), Flariz (San Pedro), Infesta (San Vicenzo), A Madanela (Santa María), Medeiros (Santa María), Monterrei (Santa María), Rebordondo (San Martiño), San Cristovo (San Cristovo), Vences (Santa Baia), Vilaza (San Salvador)

 

Comarca de Verín

     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. 



     A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901