MUIÑO EN LOMBO DO MUIÑO
REGUEIRO DE VEIGA GRANDE
SAN XURXO DE SACOS
CERDEDO COTOBADE
Lombo do MuíñoLombo do Muíño é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE, en 2015 tiña 14 habitantes (7 homes e 7 mulleres), os mesmos que no ano 2006.
San Xurxo de Sacos
San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE, en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.
Patrimonio
Nesta parroquia, no lugar de Fentáns, atópase a coñecida como Pedra das Ferraduras, unha gran rocha de granito que presenta unha combinación de círculos concéntricos e no seu anel exterior pegadas de cérvidos e bóvidos; un bo exemplo dos petróglifos do val do río Lérez. Tamén a Laxe do Cuco, da idade de bronce, con figuras de cérvidos e combinacións circulares e a Pedra do Lombo da Costa, con máis de 30 metros cadrados e máis de 20 rochas gravadas.
Tamén se atopa nesta parroquia a Eira dos Mouros, outro petróglifo que xa foi documentado por Murguía na súa obra Historia de Galicia.
Cruzando o río Lérez, está a ponte de San Xurxo, ponte de cantería do século XVIII con arco de medio punto.
Tamén existe unha antiga reitoral dos séculos XVII-XVIII, convertida nunha casa rural.
A súa igrexa parroquial está no lugar de Fontán. Hai tamén tres pequenas capelas en Cuspedriños, Fentáns e na Carballeira do San Xusto.
Lugares de interese
Carballeira de San Xusto.
Balneario de San Xusto, un balneario de augas sulfuro-fluoradas que nacen entre unhas rocas na marxe do río Lerez. Estas augas foron, e son, recomendadas polos médicos para diferentes doenzas, especialmente as cutáneas. Hai tempo facíase un xabrón de sales moi coñecido.
Festas
Romaría dos Santos Xusto e Pastor: celebrada na capela da carballeira de San Xusto, o primeiro venres e sábado de agosto.
San Xurxo, festa patronal, 23 de abril.
Virxe do Carme, en Cuspedriños, 16 de xullo.
Inmaculada Concepción, en Cutián, 8 de decembro.
A Candelaria, en Fentáns, 2 de febreiro.
As Neves, en Fentáns, 5 de agosto.
Os Remedios, en Fentáns, 8 de setembro
Santa Bárbara, en Cuspedriños, 4 de decembro.
Lugares de San Xurxo de Sacos
Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, Mirón, O Outeiro, San Xurxo
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901