PALLOZAS DAS CORTES
CORTES DÁ CARBALLEIRA
VENCEÁNS - QUEGUAS
ENTRIMO
Pallozas das Cortes dá Carballeira
Conxunto de antigos currais que daban acubillo ás cabanas ganaderas de vacuno. Algunhas destas pallozas seguen sendo usadas hoxe en día para a súa función tradicional mentres que outras pasaron a ser refuxios.
Queguas
Queguas é un lugar da parroquia de Venceáns no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.
Tiña 42 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 22 eran homes e 20 mulleres.
Venceáns
San Tomé de Venceáns é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 134 habitantes (61 homes e 73 mulleres).
Lugares de Venceáns
Queguas, Venceáns, Vilar
Entrimo
Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia.
En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio é «entrimés».
Xeografía
O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).
É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).
Historia
Na zona hai restos de asentamentos humanos desde a época do megalitismo, como as mámoas de San Fiz. Da época castrexa son os castros do Monte do Quinxo, a Pía da Moura e o Penedo das Serpes. Antes da romanización de Galicia, a zona estaba habitada polos quarquernos.
A toponimia dos montes Lumiares e Penedo da Facha parece indicar lugares onde se facían fogueiras de sinais.
O topónimo Entrimo aparece como Interimi nun documento de concordia do 6 de xaneiro de 1149, entre o bispo Martiño de Ourense e o abade Paio de Celanova. O mosteiro de Celanova exerceu dominio xurisdicional sobre varias aldeas durante bastante tempo. O abade era copartícipe do Rei, e nomeaba xuíces ordinarios e cobraba as rendas.
O 15 de xaneiro de 1368 a zona a zona foi doada xunto coas de Lobeira, Araúxo e Abelenda por Henrique II a Xoán Rodríguez de Biedma, principal secuaz dos Trastámara. A doazón foi feita antes de que Henrique tivese a coroa nin dominio de Galicia. Posteriormente, a herdanza dos Biedma pasou a mans do Condado de Monterrei. Con todo os Trastámara cederon a xurisdición de Entrimo a Diego Pérez Sarmiento, conde de Santa Marta, pasando despois ao condado de Ribadavia.
En marzo de 1608 o rei Filipe III eximiu a Entrimo de cargas militares polo estado constante de alarma debido á situación na fronteira con Portugal. A zona sufriu incursións, requisas de gando e colleitas e queima de arquivos. Esta exención foi confirmada o 30 de xullo de 1643 por Filipe IV.
En 1909 apareceu en Entrimo o periódico Picaraño, subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario.
Parroquias de Entrimo
Entrimo (Santa María a Real), Galez (San Fiz), A Illa (San Lourenzo), A Pereira (San Facundo), Venceáns (San Tomé)
Comarca da Baixa Limia
A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande.
Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.
Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901