domingo, 12 de noviembre de 2017

TUNEL DE MONTEFURADO - QUIROGA - MONTEFURADO

 TUNEL DE MONTEFURADO
MONTEFURADO
QUIROGA
LUGO


 Montefurado
     San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. En 2011, segundo o IGE, tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).



Xeografía
     Está situada á beira do río Sil, entre as dúas maiores serras de Galiza, o Macizo Central ourensán e a Serra do Courel. A influencia do río fai que esta zona goce dun clima continental mediterráneo, con temperaturas baixas en inverno e moi calorosas en verán.



Historia
     A parroquia toma o nome do Monte Montefurado, tamén coñecido como "Boca do Monte". Foi construído no século II, en tempos do Emperador Traxano, para desviar o leito do río e poder extraer o ouro que este arrastraba lavando o lodo da antiga conca.



     Ten uns 400 metros de longo por 19 de ancho, e unha altura media de 17 metros. Unha difícil obra de enxeñaría para a época. Dise que os romanos talaron unha fraga de aciñeiras que había preto do lugar que aínda conserva o topónimo de Enciñeira para romper a roca a fogo. Os romanos estaban acampados no lugar de Sesmil, que toma o seu nome da lexión romana dese nome.



Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.

 

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.



Parroquias de Quiroga
    Santiago de Augasmestas
    Santa María de Bendilló
    Santa Baia de Bendollo
    Santa Bárbara de Bustelo de Fisteus
    Santa María de Cereixido
    Santa Sabela de Enciñeira
    San Mamede de Fisteus
    Santa María da Ermida
    San Salvador de Hospital
    San Miguel de Montefurado
    San Lourenzo de Nocedo
    Santa María de Outeiro
    San Salvador de Palacios de Sierra
    San Marcos de Paradaseca
    Santa María de Quintá de Lor
    San Martín de Quiroga
    Santa María Magdalena de Seara
    Santa Marina de Sequeiros
    San Antón de Vilanuide
    San José de Vilar de Lor
    San Lorenzo de Vilarmel
    Santa María de Vilaster
    San Cepriano De Parteme



Concellos da Ribeira Sacra
     A Pobra do Brollón · Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · A Peroxa · A Teixeira · Pantón · Parada de Sil · Paradela · Pereiro de Aguiar · Portomarín · Quiroga · Ribas de Sil · Saviñao · Sober · Taboada . Carballedo


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901