CASTRO DA SUBIDÁ
PORTELIÑA
MARÍN
Tipo de ben:
Castro
Concello:
Marín
Parroquia:
Mogor (San Xurxo), Marín de Arriba (San Xulián)
Lugar:
Porteliña
Outra denominación do ben:
Castro da Cividá, da Cividade, de Porteliña, das Sete Espadas
Cronoloxía:
Idade do Ferro
Descrición:
Castro situado no alto da Porteliña, entre as parroquias de San Xurxo de Mogor e de San Xulián de Marín de Arriba, domina cara o leste todo o val do Lameira onde hoxe se ergue a actual vila de Marín, e tamén polo oeste o val de Bagüín, cara Mogor.
Conta cunha acrópole ou croa de reducidas dimensións e planta ovalada, con dous promontorios rochosos que formarían parte das súas defensas.
Porén, as vivendas esténdense por toda a ladeira leste ata a pista asfaltada que o circunvala, onde se poden apreciar aínda restos dun cuncheiro.
Aínda que os seus límites non están ben precisados, todo indica que o poboado tería unha considerable extensión, entre as 3 e as 4 ha.
A principios dos anos 80 foron practicadas unhas pequenas sondaxes por Emilio Moledo Pérez e José Carlos Pascual Vázquez, do grupo de arqueoloxía García Alén.
Esta escavación puxo ao descuberto varias vivendas circulares na mencionada ladeira, fóra do recinto superior do castro.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901