DOLMEN CASOTA DE FREÁNS
BERDOIAS
VIMIANZO
Descrición:
A Casota de Freáns é un dolmen particular dentro do Megalitismo galego.
Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C. Presenta unha planta rectangular formada por tres chantas verticais e unha tampa monolítica.
Dimensións:
1,60 m de ancho na cabeceira, 1,48 m na entrada, cunha lonxitude de 2,70 m, cuberta de 2,40 x 3,50 m.
Dentro, nas súas laxes verticais conserva varias inscricións: coviñas e cruces.
Estas últimas seguramente se fixeran para cristianizar un lugar pagán.
Posto que non ten a estrutura típica (con corredor e estrutura tumularia), encaixa dentro das construcións tardías do megalitismo galego, predecesoras das cistas da Idade do Bronce.
A lenda conta que estas pedras foron levadas por unha muller (ou a Virxe) na cabeza encanto fiaba nunha roca.
Durante anos, esta casota serviu de refuxio para os pastores de Berdoias.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: web Patrimoniogalego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901