lunes, 25 de septiembre de 2017

IGLESIA DE SANTIAGO DE CEREIXO - VIMIANZO

 IGLESIA DE SANTIAGO DE CEREIXO
CEREIXO
VIMIANZO


 Cereixo
     Santiago de Cereixo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 516 habitantes (269 mulleres e 247 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes.


Patrimonio
Torres-Pazo de Cereixo
     Fortaleza defensiva de comezos do século XVI, consistente nun predio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.



Igrexa de Santiago do Cereixo
     Igrexa románica construída na segunda metade do século XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón.



     Sobre a porta lateral levántase un tímpano que pode ser a primeira representación do traslado do corpo do apóstolo Santiago o Maior a Galicia. Esta prioridade histórica discútea cunha moeda atopada nas escavacións de Adro Vello, na costa norte do Grove, e datada tamén no século XII; hoxe está exposta no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.


Villa Purificación
     Preto das anteriores está Villa Purificación, unha casa grande do século XVIII propiedade de Juan Carlos Trillo-Fernández Alonso, maxistrado do Tribunal Supremo e fillo de José Trillo-Fernández Abelenda, procurador na Coruña e tenente alcalde nesa cidade durante a alcaldía de Alfonso Molina. 



      A denominación da casa débese á bisavoa do propietario. A vivenda, de estilo barroco, ten dous pisos con planta en forma de "L". No alzado posterior destaca unha escaleira de pedra que comunica directamente co piso superior. Os balaústres de pedra da escaleira, de boa labra son de estilo compostelán. Nos esquinais e nos vans a pedra é de cantaría, sendo de cachotaría nos paños. No terreo, amais dun xardín hai un hórreo de dezanove pés (o terceiro máis grande de Galicia, un vello forno de pan e un pombal circular de pedra convertido en bodega. Nesta casa cobrábanse os foros de toda a zona.


Vimianzo
     Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.565 habitantes en 2015 (8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (40,37 hab./km²). 



     Sitúase practicamente equidistante das cidades da Coruña e Santiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte da Costa da Morte.


Comarca da Terra de Soneira
A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. 



     Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. 
 


    Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901