jueves, 15 de junio de 2017

IGREXA DE SAN XOÁN DE SADURNÍN - CENLLE

IGREXA DE SAN XOÁN
SADURNÍN
CENLLE
OURENSE


Cenlle
     Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)



Xeografía
     Ocupa unha extensión de 29,2 km². Está situado entre o río Avia e o Miño xeograficamente é o reborde dos Chaos de Maside e Santo Amaro, que caen máis bruscamente cara ao Miño que non ao Avia.



      O relevo é accidentado, pero carece de elevacións importantes, destacando:
    Piñeiro (477 m).
    A Corredoira (489 m).
    Názara (415 m).
    Monte de San Breixo, Monte de San Berismo e monte de San Trocado.



Ríos
   Bañan o termo pequenos regos que desembocan nos ríos Avia e Miño (como por exemplo, o regato da Fareixa), que limitan ao municipio polo oeste e polo leste, respectivamente.



Economía
     A viticultura, cunha variada gama de especies continúa sendo a actividade agrícola máis estendida, ocupando o 93,47 % das terras labradas, sendo o concello do Ribeiro coa maior porcentaxe de terra cultivada dedicada o cultivo da vide.



     Dada a topografía irregular, o cultivo realízase frecuentemente en bancadas, sendo o tamaño das propiedades pequeno.


As variedades cultivadas son as seguintes:
        Blancas: Albariño, Treixadura, Xerez (Palomino), Caiño Blanco, Catalán Blanco, Godello,Loureiro o Marqués, Torrantes, Albilla....
        Tintas: Caiño Mouro, Tinta femia, Alicante, Gran negro, Souson o Ferran, Garnacha, Mencia, Catalán Roxo, Folla redonda, Jazquez, Brancellao...



     Os viños tintos teñen moita capa e bastante corpo, uns 11 graos de alcohol e característico sabor ácido. Os brancos teñen entre 11 e 12 graos e menor acidez. Todos eles son moi suaves e dixestivos.


     Fóra do sector primario apenas existen iniciativas empresariais destacadas, aínda que o moderno Balneario de Laias é un sinal dun posible florecemento de servizos turísticos.



Patrimonio histórico e artístico
     Moitos pazos e igrexas son testemuña da importancia económica do Ribeiro nos séculos pasados. Destacan polo seu estado de conservación



Igrexas
    Igrexa de San Miguel de Osmo, de orixe románico e modificacións renacentistas do século XVI. Conserva interesantes pinturas manieristas no seu interior.
    Igrexa de San Xoán de Sadurnín, de fábrica románica, conserva a fachada principal e numerosos canzorros.
    Igrexa de Santa Mariña de Esposende, de fábrica románica.
    Igrexa de Santiago de Trasariz, que conserva unha ara romana.
    Igrexa de San Lourenzo da Pena.
    Santuario de San Bieito de Cuñas.
    Igrexa de Santa María de Cenlle.
    Igrexa de San Miguel de Vilar de Rei.



Pazos
        Pazo de Rioboó, alonxado e interesante exemplo do barroco compostelán.
        Casa dos Toubes.
        Casa Grande de Lentille.
        Pazo de Saa.
        Pazo de Sadurnín.



Cruceiros
        Cruceiro de Ánimas e Cruceiro da Procesión de Santa María de Cenlle.
        Cruceiro de San Miguel de Osmo.
        Cruceiro de San Lourenzo da Pena.



Petos de ánimas
        Peto de ánimas de Santa María de Cenlle.



Castros
        Castro de Areas, na parroquia de Esposende.
        Castro da Pena, na parroquia de Santa María de Cenlle.



Outros
        Explotación aurífera galaico-romano de Laias


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901