sábado, 10 de junio de 2017

PAZO DA MAROZA - PARADELA - MEIS

 PAZO DE A MAROZA
A MAROZA
PARADELA
MEIS


 Pazo da Moroza
     O Pazo da Moroza foi construído no século XVI. O edificio consta dunha torre ameada de tres pisos unida a unha á en forma de “L” de baixo e piso, á que antecede polo seu alzado principal unha plataforma elevada de xeito de zócolo. Atravesando o pórtico de entrada podemos ver os detalles das gárgolas pétreas, que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada.



     A torre posúe acceso mediante portalón que remata nos seus laterais por senllas seteiras. Na fachada posterior existen diversos engadidos.



     No interior podemos atopar elementos ao gusto da época: camas con dosel, antigua lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca.



     No exterior existe unha capela unida ao recinto amurallado con ameas, un pombal circular e un hórreo.



     Os arredores próximos á edificación están tratados a base de plataformas axardinadas moi coidadas e escalinatas. Os xardíns que o rodean están cuidados ao detalle: setos recortados, unha fonte central de pedra e liñas circulares no deseño dos camiños.



Paradela

     Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.



     A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.


Patrimonio
     O pazo da Moroza é do século XVI. Ten planta en L, cunha torre ameada de tres pisos con dúas seteiras nos laterais. Pegada a ela hai unha plataforma elevada a xeito de zócolo. Na fachada ten gárgolas de pedra que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada. No interior consérvanse camas con dosel, a antiga lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca. O recinto ten unha capela unida ao muro exterior, un pombal circular e un hórreo.



     No lugar de Outeiro hai un peto de ánimas incrustado no muro dunha casa, cun nicho rematado en arco de medio punto cunha cruz. A fornela conserva restos de policromía.

  
Lugares de Paradela
     A Goulla, A Modia, A Moroza, A Raxadoira, As Portelas, Carregal, Casal do Río, Granxa do Sol, Lantañón, Liñares, Louriño, Mouxán, Muíño de Arriba, O Casal, O Cuartel, O Lugar, O Noval, Outeiro, Pedreira, Penaboi, Pompeán, Ponte Nova, Quintáns, Señoráns de Abaixo, Señoráns de Arriba, Vilanoviña



A Moroza
     A Moroza é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 40 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 22 eran mulleres e 18 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 47 veciños, e 2005, cando eran 46.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: web patrimonio galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901