jueves, 15 de junio de 2017

IGLESIA DE PARTOVIA - O CARBALLIÑO - OURENSE

 IGLESIA DE PARTOVIA
PARTOVIA
O CARBALLIÑO
OURENSE


 Partovia
     Santiago de Partovia é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 281 habitantes (132 homes e 149 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 341 habitantes.


Historia
     Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía esta parroquia e a veciña de Señorín, na que se fundou a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño.



Patrimonio
    Balneario das caldas de Partovia.



Lugares de Partovia

     Aguisar, As Caldas, O Covelo, Montegrande, Partovia, O Penedo, Porto de Eguas, Refoxo, Sona, Varille



O Carballiño
     O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2015 tiña 13.999 habitantes. O seu xentilicio  é carballiñés.



Xeografía
     Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.



Demografía

     O Carballiño é o cuarto concello máis poboado da provincia de Ourense.

Censo total     
     13.999 (2015)


     A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.



     Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios cartos que foron investidos en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos, e introduciuse na vida política liberal da comarca.


     A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa vía de alta capacidade AG-53.


Cultura
     No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).



Festas
    Festa do polbo - 2º domingo de agosto
    Festas de setembro



Parroquias do Carballiño
     Arcos (Santa María), Banga (Santa Baia), O Barón (San Fiz), Cabanelas (San Xoán), O Carballiño (San Cibrao), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madarnás (San Tomé), Mesego (Santa María), Mudelos (Santiago), Partovia (Santiago), A Piteira (San Miguel), Ponte Veiga (San Lourenzo), Sagra (San Martiño), Señorín (San Roque), Seoane de Arcos (San Xoán)



Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901