domingo, 4 de junio de 2017

A LOBA BRANCA - LENDA - O COUREL

 A LOBA BRANCA
LENDA
O COUREL


      Preto dunha aldeíña do Courel, na provincia de LUGO, vivía unha manada de lobos que tiñan por xefa unha enorme loba branca.


     Un día os lobos levaron varios tenreiros dunha corte, así que as xentes da aldea decidiron dar unha batida para caza-los lobos. Cando os cans deron coa manada de lobos, a loba branca atacounos mentres o resto da manada fuxía, e inda que conseguiu matar algúns e librarse do resto non puido librarse das escopetas. Os homes arrincáronlle a pel pensando que poderían vendela pola rara cor.


     Aquela noite a xente espertou asustada por mor do preto que se oían os ouveos dos lobos. Cada vez oíanse máis preto ata que chegou un intre no que os lobos ouveaban nas portas das casas.


     Os homes saíron as fiestras coas escopetas para matalos pero só vían sombras que desaparecían na escuridade da noite, inda que non podían velos disparaban onde intres antes se movera unha sombra, pero non conseguiron que cesaran os ouveos.


     Ó saír o sol cesaron os ouveos, os homes buscaron os corpos dos lobos pero non atoparon nin rastro deles. Deron outra batida pero desta vez nin sequera viron ós lobos.


     A noite volveron os lobos pero non se conformaron con ouvear o pé da porta subiron os teitos das casas e puxéronse a ouvear na cheminea. Os ouveos soaban como se os lobos estiveran dentro da casa facendo tremer a todos polo medo. Algún pensando que os lobos lle entraran na casa botou fóra e nunca máis se soubo nada del.


     O amencer volveron cesa-los ouveos e con eles pararon tamén os tiros. A xente temerosa reuniuse na praza do pobo para decidir que facer.


     Algúns dicían de dar outra batida pero a maioría pensaban que non eran lobos senón demos e cos demos non valen as batidas porque non se lles pode matar. Andaban a discutir sen saber que facer cando unha muller con fama de meiga, berrou: -"¡¡veñen pola loba!!"... Calaron as voces e as miradas dirixíronse cara ela. -"Levade a pel ó claro que hai no medio do bosque", dixo. Logo achegouse o que matara a loba e ordenoulle: -"Leva o corpo e déitao sobre pólas de teixo de maneira que lle de o luar".


     O home fixo o que lle mandou a muller, mentres o resto da aldea preparábase para pasa-la noite.


     A noite volvéronse oír os ouveos dos lobos pero non soaban xa na aldea senón,  no claro do bosque onde deixaran a pel da loba. Os lobos rendíanlle o derradeiro homenaxe á quen fora a súa raíña.


     O raia-lo sol cesaron os ouveos e os veciños non volveron ver dende aquela noite á manada de lobos...Inda que nas noites de lúa chea pódense oír os seus ouveos e algúns aseguran que nesas noites pódese ver a luz da lúa a manada coa loba branca á cabeza.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Galicia espallada
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901